miniatura|260px|Ponte sobre o Tamuxe en Loureza, Oia. O río Tamuxe, tamén coñecido como río Carballo ou río Carballas, é un afluente pola dereita do río Miño no seu treito final, morrendo neste a poucos quilómetros da súa desembocadura no mar. Nace no concello de Oia, rega o val do Rosal e desemboca en Pías, no concello do Rosal.

É un río curto, duns 14 quilómetros, pero que chega a ter un caudal abondoso. Posúe numerosos muíños e pesqueiras que ademais da pesca deportiva ofrecen a posibilidade de se bañar con zonas amplas de profundidades maiores dos dous metros no verán.

Na súa cabeceira atópanse as pozas de Loureza, no lugar do mesmo nome dentro do concello de Oia. Nelas é posible nadar, tirarse á auga desde diferentes alturas e tomar o sol; ademais é habitual a práctica do nudismo.

Etimoloxía O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Támega, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés ThamesArtigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD, 2005.

Tamuxe Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra Tamuxe