Zarza de Granadilla é un concello da Estremadura española, adscrito á provincia de Cáceres.

Ten integrada no seu termo municipal a vila de Granadilla (conxunto Histórico-Artístico) que quedou deshabitada coa construción do encoro de Gabriel y Galán.

Localización

Está situada entre os vales do río Alagón e o río Ambroz (un afluente do primeiro).

Historia miniatura|Ermida do Cristo.

Coa caída do Antigo Réxime a localidade constituíuse en concello na comunidade de Extremadura, entón coñecido como La Zarza. No censo de 1842 contaba con 1280 veciños.

No ano 1965 crece o termo do municipio porque incorpora unha parte non asolagada de Granadilla, incluíndo o núcleo de poboación.

Economía

A súa poboación vive maioritariamente da agricultura (40%) e da gandería (20%). No sector industrial e a construción empréganse o 15% da poboación, namentres que o 25% restante traballa no sector servizos.

A produción agrícola de secaño é de cereais e pastos, con mínimas zonas de oliveira. En canto ao regadío, o tabaco e o pemento (condimento) a partes iguais son os cultivos maioritarios.

Festas miniatura|Piscina Municipal. Tradicionalmente, o primeiro domingo do mes de maio festéxase a Romaría da Virxe de Fátima entre o corgo da Argamasa e o rego do Forno. O primeiro domingo do mes de xullo, festéxase a procesión de San Cristóbal. A festa do patrón da localidade é San Ramón Nonato, a 31 de agosto.

Servizos

O concello está dotado de piscina municipal e un instituto.

Véxase tamén

Categoría:Concellos da provincia de Cáceres