O arroaz do Indopacífico, Tursiops aduncus (Ehrenberg, 1833) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que vive en augas da India, o norte de Australia, o sur da China, o mar Vermello, e a costa oriental de África.Shirihai, H. e Jarrett, B. (2006): Whales, dolphins and seals. A field guide to the marine mammals of the world. Londres: A. & C. Black. ISBN 0-691-12757-3, pp. 159-161.
Taxonomía A especie foi descrita en 1833 por Christian Gottfried Ehrenberg, baixo o nome de Delphinus aduncus.Tursiops aduncus (Ehrenberg, 1833) en ITIS. Posteriormente foi adscrita ao xénero Tursiops, que describira Paul Gervais en 1855 e, durante moito tempo, pensouse que era coespecífica con Tursiops truncatus.
Pero, en base a estudos de concordancia xenética, osteoloxía e morfoloxía externa, determinouse que esta especie é taxonomicamente distinta de T. truncatus.Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B. (asesores) (2008): Tursiops aduncus en "Lista vermella de especies ameazadas da UICN".
O status taxonómico de varias subpoboacións de Tursiops (por exemplo fronte as costas de Suráfrica e o oeste de Australia é cuestionábel, e o xénero pode dividirse aínda máis.Hammod, P. S. et al., Op. cit.
Características Alcanza até 2,6 m de lonxitude e un peso de até 230 kg. A súa coloración é gris escura no dorso e gris clara ou abrancazada con manchas grises na rexión ventral.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mead, J. G. e Brownell, R. L. (2005): "Order Cetacea" in Wilson, D. E. e Reeder, D. M. (Eds.) Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4, pp. 723–743. Shirihai, H. e Jarrett, B. (2006): Whales, dolphins and seals. A field guide to the marine mammals of the world. Londres: A. & C. Black. ISBN 0-691-12757-3.
Outros artigos Arroaz Arroaz austral Delfínidos
Ligazóns externas Wilson & Reeder's Mammal Species of the World. 2005. Third Ed.
Categoría:Delphinidae Categoría:Animais descritos en 1833