300px|dereita|O Donbass Arena. O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.

O Dynamo de Kíiv e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 24 títulos nas 25 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.

O formato da liga consiste nunha liga de 14 equipos que disputan 26 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 13, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cunha paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, o último clasificado da táboa descende de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.

Equipos participantes Tempada 2022–23 Nesta campaña na Liga Premier participan 14 equipos da tempada anterior e os dous mellores da Persha Liha 2021–22. Dous equipos non participaron debido á destrución das súas infraestruturas pola ocupación rusa de Ucraína.

EquipoCidade Estadio Chornomorets Odesa Odesa Chornomorets Dnipro-1 Dnipro Dnipro-Arena Dynamo Kyiv Kíiv NSC Olimpiyskiy Inhulets Petrove Petrove Inhulets Kolos Kovalivka Kovalivka Kolos Kryvbas Kryvyi Rih Kryvyi Rih Hirnyk FC Lviv Lviv Arena Lviv Metalist Khárkiv Khárkiv Metalist Metalist 1925 Khárkiv Khárkiv Metalist Mynai Uzhhorod Avanhard Oleksandriya Oleksandriia Nika Rukh Lviv Lviv Arena Lviv Shakhtar Donetsk Donetsk Donbass Arena Veres Rivne Rivne Avanhard Vorskla Poltava Poltava Butovsky Vorskla Zorya Luhansk Luhansk Slavutych-Arena

Palmarés O palmarés da liga está dominado principalmente por 2 clubs: Nº TítulosEquipoCampionatos obtidos1720px|Kíiv Dynamo Kyiv1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2003–04, 2006–07, 2008–09, 2014–15, 2015–16, 2020-21, 2024-251520px|Donetsk Shakhtar Donetsk2001–02, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17, 2017–18, 2018–19, 2019–20, 2022–23, 2023–24120px|Simferopol Tavriya Simferopol1992

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da UPL Páxina oficial da Premier Liha

Categoría:Ligas de fútbol de Ucraína Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de Europa