Imperivm: Great Battles of Rome (comercializado en España como Imperivm III: Las grandes batallas de Roma é un videoxogo da serie Imperivm para PC, producido por FX Interactive, baseado en feitos históricos ocorridos en Europa e o Norte de África. O xogador pode revivir acontecementos como as campañas de Marco Aurelio en Xermania, a conquista de Exipto e Britania, a batalla de Alesia ou a batalla de Zama. Ademais, o xogador pode poñerse ó mando dos exércitos de sete importantes civilizacións antigas: Romanos, exipcios, xermanos, britanos, iberos, galos e cartaxinenses. A estas civilizacións engádenselle grandes personaxes como Xulio César, Cleopatra, Marco Aurelio, Haníbal, Vercinxetórix, Arminius...
Iberos As unidades dos iberos son: Miliciano, arqueiro, fondeiro balear, defensor, xinete ibero, garda de elite, guerrilleiro e sacerdotisa.
Cartago As unidades dos cartaxineses son: Infante númida, lanceiro libio, loitador mauritano, guerreiro con maza, tuareg, nobre, elefante de guerra e xamán.
Galos As unidades dos galos son: Guerreiro, arqueiro, guerreiro con hacha, lanceiro, xinete, guerreira, guerreiro de Fand e druída.
República Romana As unidades da república romana son: Lexionario, arqueiro, gladiador, princep, equite, tribuno, carro de guerra, sacerdote de Xúpiter.
Imperio Romano Na Roma Imperial tódalas únidades son iguais ás da república romana agás algúns poucos cambios.
Os tribunos cambian polos pretorianos. Os carros de guerra cambian polos liberatus. Os gladiadores cambian polos velites.
Xermanos As unidades xermanas son: Loitador xermano, arqueira, guerreiro con hacha, cazadora, xinete teutón, guerreiro con maza e valquiria.
Exipto As unidades exipcios son: Loitador exipcio, arqueiro, lanzador de hachas, guerreiro de Anubis, guerreiro de Horus, gardián do Nilo, carro de Osiris e sumosacerdote.
Britanos As unidades britanas son: Guerreiro britano, arqueiro britano, lanceiro britano, loitador caledonio, lanzador de xavelinas, highlander e xefe normando.
Véxase tamén Outros artigos Imperivm (saga)
Categoría:Imperivm Categoría:Videoxogos de 2005 Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Bulgaria Categoría:Videoxogos de Haemimont Games