A Sociedade Deportiva Sofán é un equipo de fútbol galego da parroquia de Sofán, no concello de Carballo. Foi fundado en 1979 e na tempada 2023/24 xoga no grupo I da Terceira División RFEF. dereita|miniatura|SD Sofán 2022-23.

Historia En 2018 o Sofán presentou un equipo integrado por persoas con discapacidade intelectual. O equipo, integrado por 19 persoas de entre 20 e 50 usuarias de Aspaber, presentouse no campo de fútbol do Carral cun partido amigable fronte ao equipo do Deportivo da Coruña. O proxecto naceu como vía de integración de persoas discapacitadas a través do deporte e chegar a xogar en LaLiga Genuine Santander.

En 2019 a Sociedade Deportiva Sofán e o Bergantiños Fútbol Club asinaron un convenio polo cal o Sofán pasaba a converterse no filial do Bergantiños, de xeito que ambos os equipos puidesen intercambiar xogadores, especialmente do primeiro equipo. O convenio ademais afectaba ás categorías inferiores, realizando un traballo colaborativo co obxectivo de realizar un seguimento máis efectivo dos xogadores. Se ben inicialmente o convenio tiña unha duración dun ano, en 2020 ambas as entidades decidiron renovalo tras valoralo de xeito positivo.

O 27 de xuño de 2021 acadou un histórico ascenso á Terceira División RFEF, logo de superar no último partido da segunda fase por 2-0 ao CD Boiro, que tamén aspiraba ao ascenso.

Historial na liga TempadaCategoríaPosto2016/17Preferente12º2017/18Preferente11º2018/19Preferente8º2019/20Preferente8º2020/21Preferente 10px2021/223ª RFEF 10px2022/23Preferente9º2023/24Preferente8º2024/25Preferente—

Palmarés Terceira Galicia (2): 1998/99, 2005/06. Copa da Costa (1): 2023.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da SD Sofán

Sofán Sofan Sofán