miniatura|Cambio térmico nos últimos 50 anos. Temperatura global media en 2014-2018 comparada coa media basal entre 1951 e 1980, segundo o Instituto Goddard de Estudos Espaciais da NASA.|250x250px

O quecemento global é o aumento a longo prazo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. É un aspecto primordial da mudanza do clima actual, segundo a medición directa da temperatura e varios efectos do quecemento. O consenso científico do quecemento global afirma que a temperatura se elevou desde final do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. Predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Con frecuencia, os termos quecemento global e cambio climático úsanse indistintamente,: "'Climate change' and 'global warming' are often used interchangeably but have distinct meanings. … Global warming refers to the upward temperature trend across the entire Earth since the early 20th century … Climate change refers to a broad range of global phenomena … [which] include the increased temperature trends described by global warming." pero, de forma máis precisa, o quecemento global refírese ao incremento gradual, observado ou proxectado, das temperaturas na superficie terrestre,; : "Global warming is defined in this report as an increase in combined surface air and sea surface temperatures averaged over the globe and over a 30-year period. Unless otherwise specified, warming is expressed relative to the period 1850–1900, used as an approximation of pre-industrial temperatures in AR5.". mentres que o cambio climático é máis preciso cientificamente para describir os diversos efectos no clima, como o clima extremo, as tormentas e os cambios nos padróns de precipitacións, a acidificación dos océanos e o nivel do mar,; : "The terms global warming and climate change can be used interchangeably. Climate change is more accurate scientifically to describe the various effects of greenhouse gases on the world because it includes extreme weather, storms and changes in rainfall patterns, ocean acidification and sea level.". sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces emprégase o termo cambio climático antropoxénico. Se ben houbo períodos prehistóricos de quecemento global, varios dos cambios observados desde mediados do século XX non teñen precedentes desde décadas a milenios..

Frecuentemente a discusión céntrase na temperatura, pero o quecemento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veranse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella para o espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o Grupo intergobernamental sobre o cambio climático, (GICC) Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Kyoto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gas de efecto invernadoiro) por parte dos países industrializados. En 2022 foi publicado o Sexto informe do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático sobre o quecemento global e o cambio climático causado pola actividade humana.

No final da década de 2010 o quecemento global xerou diversos movementos de petición de acción, como a folga escolar polo clima, a máis de impulsar partidos ecoloxistas en diversas eleccións, nun movemento de alcance global.

Opinión científica

Xa que se trata dunha cuestión tan importante, os gobernos necesitan predicións da tendencia futura dos cambios globais, de maneira que poidan tomar decisións políticas para evitar efectos non desexables. o GICC está estudando o quecemento global, pero non se encarga da investigación mesma, senón de divulgar o material de investigación publicado. Os seus informes reflicten o consenso científico.

O informe do GICC de 1995 concluíu que "a acumulación de evidencias suxire un influxo comprobable da actividade humana no cambio climático". Isto foi reforzado polo TAR (Terceiro Informe de Avaliación) de 2001, onde se di: "Hai unha evidencia maior e máis seria de que a maior parte do quecemento observado nos últimos 50 anos é atribuíble a actividades humanas".

No 2019 novos estudos agravan a situación para o futuro, con proxeccións para fin do século XXI de quecemento de ata 7 °C de media aínda con accións para diminución da produción de dióxido de carbono.

O quinto e o sexto informe confirmaron e aprofundaron na evidencia sobre o aquecemento e o cambio climático antropoxénico.

Teorías e obxeccións

O debate superou o ámbito das revistas científicas para invadir a área pública. Algúns políticos chegan a convertelo en tema das súas campañas electorais, como Al Gore, autor de Earth in the Balance (‘A Terra no balance’). Porén, o quecemento global é algo que se ten máis en conta na Unión Europea. miniatura|En verde, países que asinaron o Protocolo de Kyoto no 2009

Os propoñentes da teoría do quecemento global expresan unha ampla gama de opinións. Algúns simplemente recoñecen a realidade dos incrementos de temperatura observados. Outros apoian medidas como o Protocolo de Kyoto, que tentan ter certo efecto sobre o clima futuro e levar eventualmente a medidas posteriores. Outros pensan que o dano ambiental terá un impacto tan serio que deben darse pasos inmediatamente para reducir as emisións de CO2, a pesar dos custos económicos para as nacións avanzadas, como os Estados Unidos (que produce maiores emisións de gases de efecto invernadoiro ca calquera outro país, en termos absolutos, e é o segundo maior emisor per cápita despois de Australia). Hai climatólogos que apoian este punto de vista.

Rexistros de temperatura O período sobre o que o quecemento pode observarse varía segundo o enfoque: ás veces desde a Revolución Industrial, outras desde o comezo dun rexistro histórico global de temperatura ó redor de 1860; ou sobre o século XX, ou os 50 anos máis recentes.

Nos últimos 20.000 anos o suceso máis importante é o final da Idade do xeo, hai aproximadamente 12.000 anos. (Ver Grida.no/climate/). Desde entón, a temperatura permaneceu relativamente estable, inda que con varias flutuacións, como por exemplo o Período de Quentamento Medieval (ou Pequena Idade de Xeo). Durante o século vinte a temperatura incrementouse en aproximadamente 0,4 a 0,8 °C.

As temperaturas na troposfera inferior incrementáronse entre 0,08 e 0,22 °C por década desde 1979 (ver Medicións de temperatura por satélite). O aumento da temperatura non segue unha lei lineal, senón que presenta flutuacións debidas á variabilidade natural, sendo a máis notable delas o fenómeno de El Niño. Durante o mesmo período as temperaturas na superficie terrestre mostran un incremento de aproximadamente 0,15 °C por década. (ver GHCC.MSFC.nasa.gov/).

Teorías para explicar o cambio de temperatura

O sistema climático varía de dúas formas: a través de procesos naturais internos e en resposta a forzamentos externos. Entre os primeiros destacan as emisións volcánicas, así coma os gases de efecto invernadoiro, e entre os segundos inclúense cambios na órbita da Terra ó redor do Sol (Teoría de Milankovitch), a propia actividade solar. (Ver Cambio climático para unha discusión máis en profundidade sobre as causas que forzan estes procesos).

Os especialistas en climatoloxía aceptan que a Terra se quentou recentemente.

Teoría dos gases do efecto invernadoiro A hipótese de que os incrementos ou descensos en concentracións de gases de efecto invernadoiro poden dar lugar a unha temperatura global maior ou menor foi postulada extensamente por primeira vez no final do s. XIX por Svante Arrhenius (químico sueco laureado co Premio Nobel de 1903), como un intento de explicar as eras glaciares. Os seus coetáneos refugaron radicalmente a súa teoría.

A teoría de que as emisións de gases de efecto invernadoiro están contribuíndo ó quecemento da atmosfera gañou moitos adeptos na comunidade científica durante o último cuarto de século. O GICC, que se fundou para avaliar os riscos dos cambios climáticos inducidos polos seres humanos, atribúe do quecemento recente ás actividades humanas. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos (National Academy of Sciences) tamén apoiou esa teoría.

Hai moitos aspectos sutís nesta cuestión. Os científicos atmosféricos saben que o feito de engadir dióxido de carbono (CO2) á atmosfera, sen efectuar outros cambios, tenderá a facer máis cálida a superficie do planeta. Pero hai unha cantidade importante de vapor de auga (humidade, nubes) na atmosfera terrestre, e a auga é un gas de efecto invernadoiro. Se a adición de (CO2) á atmosfera cambia os procesos que regulan a cantidade de vapor de auga na atmosfera terrestre, isto podería ter un efecto profundo no clima: máis vapor de auga significa máis calor. miniatura|Emisións de CO2 dende o ano 1800 ó 2000 O papel das nubes é tamén crítico. As nubes teñen efectos contraditorios no clima. Calquera persoa notou que a temperatura cae cando pasa unha nube nun día solleiro do verán, que doutro modo sería máis caloroso. É dicir: as nubes arrefrían a superficie reflectindo a luz do Sol de novo ó espazo. Pero tamén se sabe que as noites claras de inverno tenden a ser máis frías cás noites co ceo cuberto. Isto débese a que as nubes tamén devolven algo de calor á superficie da Terra, se o CO2 cambia a cantidade e distribución das nubes podería ter efectos complexos e variados no clima.

Á vista disto, non é correcto imaxinar que existe un debate entre os que "defenden" e os que "se opoñen" á teoría de que a adición de CO2 á atmosfera terrestre dará como resultado que as temperaturas terrestres medias serán máis altas; o debate céntrase sobre o que serán os efectos netos da adición de CO2, e en se os cambios en vapor de auga, nubes e demais poderán compensar e anular este efecto de quecemento. O quecemento observado na Terra durante os últimos 50 anos parece estar en oposición coa teoría dos escépticos de que os mecanismos de autoregulación do clima compensarán o quecemento debido ó CO2.

Os científicos estudaron tamén este tema con modelos computarizados do clima. Estes modelos acéptanse pola comunidade científica como válidos soamente cando demostraron poder simular variacións climáticas coñecidas, como a diferenza entre o verán e o inverno, a Oscilación do Atlántico Norte ou El Niño. Encontráronse universalmente que aqueles modelos climáticos que pasan estes test tamén predín sempre que o efecto neto da adición de CO2 será un clima máis cálido no futuro, incluso tendo en conta todos os cambios no contido de vapor de auga e nas nubes. Porén, a magnitude deste quecemento predito varía segundo o modelo, o cal probablemente reflicte as diferenzas no modo en que os diferentes modelos representan as nubes.

Os escépticos respecto ó quecemento global din que os modelos son inexactos, pero foron incapaces de producir un modelo de clima que non prediga que as temperaturas se elevarán no futuro. É dicir, a teoría dos escépticos de que os sistemas de retroalimentación do clima eliminarán calquera efecto quentador atribuíble ó CO2 non se basea nas observacións nin en ningún modelo crible. esquerda