Edelmiro Suárez Vázquez, nado na Coruña o 29 de xullo de 1968 é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria A maior parte da súa carreira futbolística transcorreu no Racing de Santander no cal xogaría durante catro tempadas, disputando 122 encontros e marcando 24 goles e co cal chegaría a xogar dúas tempadas en Primeira División, disputando 29 partidos e marcando 8 goles. Dende Santander sería traspasado ao CD Logroñés, tamén de Primeira División, onde so disputaría 8 encontros, un dos cales de titular. De Logroño pasaría a xogar a Murcia e finalmente a Lugo.

No CD Lugo formaría parte do combinado que xogaría en Segunda División na tempada 1992-1993, tempada na cal xogaría 9 encontros

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFútbol

Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1968