Nicole Julianne Sullivan, nada o 21 de abril de 1970 en Manhattan (Nova York), é unha actriz, cómica e dobradora de cine estadounidense.

Traxectoria Nada en Manhattan filla dun congresista do Estado de Nova York, Edward C. Sullivan, recibiu clases de danza e interpretación dende moi nova en Broadway.

En 1987 graduouse no ensino secundario en Middleburgh a onde se trasladara a familia uns anos antes. Tras pasar un ano en Londres na British American Drama Academy e formar parte da Greenwich Shakespeare Company entrou na Northwestern University para estudar teatro, ao tempo que traballaba para pagar os estudos.

Tras licenciarse trasladouse aos Ánxeles para buscar traballo.

Dende entón sobre todo é coñecida pola súa participación en MADtv realizando curtas caracterizando a moitos famosos coma Hilary Clinton, Britney Spears ou Uma Thurman.

Ademais Nicole ten unha longa traxectoria como dobradora de cine sobre todo de animación, como por exemplo Marlene (The Penguins of Madagascar), Shego (Kim Possible), Joan (Family Guy)

Filmografía (escolma) Filme Ano Filme Papel 2000 Buzz Lightyear of Star Command: The Adventure Begins Mira Nova (Voz) 2002 The Third Wheel Sally 2005 Guess Who Liz Klein 2005 Sesame Street's All-Star Alphabet Letter A 2006 The Ant Bully Ant #9 (Voz) 2007 Meet the Robinsons Franny (Voz) 2008 Superhero Movie Julia Riker 2009 Black Dynamite Patricia Nixon 2009 17 Again Naomi 2012 ''Let It Shine Lyla

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Actores dos Estados Unidos de América