O turquesa é a cor azul verdosa semiclara, de aspecto brillante, céreo. Denomínase tamén azul turquesa. Ten como referencia de orixe a coloración da xema homónima.
Esta cor está comprendida nos acervos iconolingüísticos tradicionais das culturas asiática, europea, norteamericana e mesoamericana.
O turquesa é unha cor estándar, é dicir, que debido ao seu uso popular inclúese en catálogos e inventarios cromáticos; mais non conta cunha definición exacta, polo que presenta variacións, sendo, na práctica unha familia de cores parecidas entre si, aturquesadas.
miniatura|esquerda|180px|A pedra turquesa é un mineral composto basicamente de fosfato de aluminio e cobre.
Outras cores turquesa ou aturquesadas HTML#3CB3B6#26AFA6CMYK(60, 0, 27, 0)(65, 0, 36, 0)RGB(60, 179, 182)(38, 175, 166)HSV(181°, 67 %, 71 %)(176°, 78 %, 69 %)Referencia:
Usos
Antigas culturas mesoamericanas
miniatura|esquerda|250px|Ornamento mexica (azteca) en forma de serpente bicéfala, cuberto de mosaico de turquesa. México, séculos XV a XVI d.C.
A turquesa, como xema, era moi apreciada en tempos antigos en norte e Centroamérica, sendo obxecto dun activo comercio entre diferentes pobos. Na área de influencia do náhuatl —idioma capaz de complexas metáforas e posuidor dun amplo vocabulario cromático que inclúe a cor turquesa—, o conxunto das coloracións verdeazuladas asociábase simbolicamente coa auga e a vexetación, que se entendían como elementos indispensables para a vida. Algúns materiais preciosos con esta coloración, como a turquesa, o xade e as plumas de quetzal, representaban metaforicamente a auga e a vexetación, e tamén o facían as cores destes materiais.
Así mesmo, un texto náhuatl di que a casa do deus Quetzalcóatl ten «traveseiros de cor turquesa», suxerindo que a cor, e non só a pedra homónima, tiña un valor simbólico asociado coa nobreza e co divino.
Moda miniatura|Ford Fairlane Crown Victoria de 1956, mostrando unha combinación de turquesa —daquelas en voga— e branco.
A cor turquesa está suxeita aos vaivéns da moda. Foi particularmente popular nos anos 1950.
Turquesa pictórico O turquesa que se adoita ver na pinturas artísticas é tipicamente diferente do anterior. A súa coloración responde á do pigmento empregado nas pinturas comercializadas como de cor azul turquesa, turquesa ou bleu turquoise: ftalocianina de cobre bromada. Unha mostra aproximada desta cor:
A similitude deste turquesa pictórica coa cor da turquesa natural faise evidente ao aclarar a pintura con branco, como se ve abaixo.
Azul turquesa aclarado HTML#00969FCMYK(80, 10, 35, 0)RGB(0, 150, 159)HSV(183°, 100 %, 62 %)Referencia
Cores HTML
As cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web inclúen catro tonalidades chamadas turquoise (turquesa):
Pale turquoiseTurquoiseDark turquoiseMedium turquoiseHTML#AFEEEE#40E0D0#00DED1#48D1CCRGB(175, 238, 238)(64, 224, 208)(0, 222, 209)(72, 209, 204)HSV(180°, 26 %, 93 %)(174°, 71 %, 88 %)(176°, 100 %, 87 %)(178°, 66 %, 82 %)ProtocoloX11X11X11X11
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ciano Azul Lista de cores
Categoría:Cores