Pinhal Interior Sul é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Tódolos seus concellos pertencen ao Distrito de Castelo Branco. Limita ao norte coas subrexións de Pinhal Interior Norte e Cova da Beira, ao leste coa de Beira Interior Sul, ao sur coa de Alto Alentejo, e ao oeste coa de Médio Tejo. Ata o 2010 tiña unha superficie de 1.903 km² e unha poboación de 40.705 habitantes (2011).
Concellos Comprende 4 concellos:
Oleiros Proença-a-Nova Sertã Vila de Rei
No 2010, o concello de Mação deixou de pertencer a esta subrexión.Lei n.º 21/2010 de 23 de Agosto, Artigo 1º Actualmente Pinhal Interior Sul non ten ningunha cidade. A principal vila é a vila da Sertã.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas