Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción e de misterio. Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.

Traxectoria É fillo de nai sueca e pai americano. O seu avó e bisavó foran editores de xornais. Dende pequeno revelouse como un ávido lector e incipiente escritor. Os seus primeiros dous libros Dandelion Wine e Something Wicked This Way Comes representan a cidade de Waukegan como "unha vila verde" e son autobiográficos. A familia de Bradbury viviu en Tucson (Arizona) dende 1926 a 1927 e dende 1932 a 1933, retornando sempre a Waukegan. Finalmente trasladáronse aos Ánxeles (California) en 1934 cando tiña 13 anos.

Estudou ata bacharelato nesta cidade pero decidiu non ir á universidade. Para vivir tivo que dedicarse a vender periódicos, formándose a si mesmo nos lugares dos que sempre máis gustou, as bibliotecas. Influenciado polos heroes de ciencia ficción como Flash Gordon e Buck Rogers, Bradbury comezou a publicar contos de ciencia ficción en fancines en 1938. A escribir como medio de vida dedicouse dende 1942. O seu primeiro libro, a colección Dark Carnival, foi publicado en 1947. Casou con Marguerite McClure en 1947, e ten 4 fillas.

Obra Crónicas marcianas (The Martian Chronicles 1950). The Illustrated Man (1951). Fahrenheit 451 (1953). Dandelion Wine (1957). Something Wicked This Way Comes (1962). The Halloween Tree (1972). Death Is a Lonely Business (1985). A Graveyard for Lunatics (1990). Green Shadows, White Whale (1992) From the Dust Returned (2001). Let's All Kill Constance (2002). Farewell Summer (2006).

Adaptacións cinematográficas Os filmes Chegou do espazo exterior (1953) de Jack Arnold, Fahrenheit 451(1966) de François Truffaut, e O ruído do trono (2005) de Peter Hyams están baseados nos textos homónimos de Ray Bradbury.

Notas

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados no condado de Lake, Illinois Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Contistas Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa