A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001.

O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo. Do mesmo modo a lei tamén promulgou novos delitos e endureceu as penas por delitos de terrorismo.

A Lei Patriótica foi duramente criticada por diversos organismos e organizacións de dereitos humanos, debido á enorme restrición de liberdades e garantías constitucionais que supuxo para a cidadanía, tanto estadounidense como estranxeira.

A renovación do 2005 As estipulacións máis restritivas de dereitos desta lei foron inicialmente sancionadas como normas provisorias de emerxencia ata o 31 de decembro de 2005. Nos meses previos á data límite, os sectores defensores da Lei Patriótica comezaron a meter presión para que as limitacións dos dereitos e garantías constitucionais fosen permanentes. A mediados de 2005 as dúas cámaras do Congreso aprobaron proxectos de reforma radicalmente distintos: mentres que o Senado deixaba sen efecto a maior parte das limitacións, a Cámara de Representantes mantiña a lei orixinal case sen alteracións, dándolle carácter permanente. Ambos os proxectos foron finalmente compatibilizados nunha comisión bicameral, eliminándose a maior parte das normas de restablecemento dos dereitos que contemplaba o proxecto do Senado, sendo sancionada polo Congreso o 2 de marzo de 2006 e promulgada como lei polo presidente George Walker Bush o 9 de marzo. Senadores de ambos os partidos criticaron duramente a emenda, sostendo que afectaba ás liberdades constitucionais..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dereitos humanos Democracia Terrorismo

Bibliografía

Ligazóns externas "The USA PATRIOT Act: Preserving Life and Liberty", Departmento de Justicia dos Estados Unidos (en inglés). The Patriot Act and Related Provisions, The Heritage Foundation's Research (en inglés). "War on Terror" Human Rights Issues, Amnesty International USA.

Categoría:Dereito nos Estados Unidos de América Categoría:Leis