Kurt Busiek, nado en Boston o 16 de setembro de 1960, é un guionista de banda deseñada, notable polo seu traballo en Marvels, en Astro City que foi creación propia e na cuarta tempada de Avengers.

Traxectoria Medrou en varias cidades da área de Boston, entre elas Lexington, onde foi amigo do futuro creador de banda deseñada Scott McCloud.B., Sergio. Interview at Comic Book Gazette (Apr. 15, 2006). Consultado o 25 de maio de 2012. Na súa infancia non foi lector habitual de banda deseñada nin consumidor de debuxos animados, os seus pais non llos permitían ter agás coleccións aprobadas por eles como Astérix ou Tintin , de feito non comezou a lelos con regularidade ata os catorce anos, cando se fixo cun exemplar de Daredevil #120 e comezou a se apaixonar, con McCloud comezou a facer bande deseñada no instituto. Durante o último semestre no instituto envioulle material ao editor Dick Giordano en DC Comics, recibindo invitacións para seguirlle enviando material e que conduciu ao seu primeiro traballo profesional, que se publicou en Green Lantern #162 (marzo de 1983).

En 1997, Busiek principiou o seu traballo en Avengers xunto co debuxante George Pérez, e aínda que Pérez deixou a serie en 2000, Busiek continuou como guionista durante dous anos máis, colaborando con Alan Davis, Kieron Dwyer e outros. En 2003 Busiek volveu formar parella con Perez para crear JLA/Avengers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Kurt Busiek Kurt Busiek en Twiter Kurt Busiek en Facebook Web de Astro City

Categoría:Guionistas de banda deseñada Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Nados en 1960