Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e finado en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario de orixe alemá. Na súa vasta e influente obra abarca diferentes campos do pensamento na filosofía, a historia, a ciencia política, a socioloxía e a economía; aínda que non limitou o seu traballo soamente á investigación, pois ademais aventurouse na práctica do xornalismo e a política, propondo sempre no seu pensamento unha unión entre teoría e práctica (praxe). O seu interese fundamental situouse na procura tanto do coñecemento como do desenvolvemento das condicións para a emancipación da clase traballadora respecto da patronal e das leis de acumulación dos capitais encarnados nela.
Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 O manifesto comunista. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.
As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario.Marx, K. e Engels, F. (1848).The Communist Manifesto. Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx predixo que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores.Karl Marx: Critique of the Gotha Program. Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.Calhoun 2002, pp. 23-24.
Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado."Marx the millennium's 'greatest thinker'". BBC News World Online. 1 de outubro de 1999. Consultado o 23 de novembro de 2010. A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior.Roberto Mangabeira Unger. Free Trade Reimagined: The World Division of Labor and the Method of Economics. Princeton: Princeton University Press, 2007.John Hicks, "Capital Controversies: Ancient and Modern." The American Economic Review 64.2 (maio de 1974) p. 307: "The greatest economists, Smith or Marx or Keynes, have changed the course of history..."."Karl Marx to John Maynard Keynes: Ten of the greatest economists by Vince Cable". Daily Mail. 16 de xullo de 2007. Consultado o 7 de decembro de 2012. Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citado como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna.
Biografía Infancia e educación inicial: 1818–1836 miniatura|esquerda|upright|Lugar de nacemento de Marx, hoxe Brückenstraße 10, en Tréveris. A familia ocupaba dous cuartos na planta baixa e tres no primeiro andar.. Comprado polo Partido Socialdemócrata de Alemaña en 1928, hoxe alberga un museo dedicado a el.
Karl Marx naceu o 5 de maio de 1818, fillo de Heinrich Marx e Henriette Pressburg. Naceu na casa número 664 da rúa Brückengasse (hoxe Brückenstraße número 10) en Trier (hoxe Tréveris) unha antiga cidade que entón formaba parte da provincia do Rin do antigo Reino de Prusia.Wheen 2001 p. 8 e p. 12; ; . A familia de Marx profesaba orixinalmente o xudaísmo secular, pero formalmente converteuse ao cristianismo antes do seu nacemento. O seu avó materno era un rabino neerlandés,mentres que a súa liña paterna había proporcionado rabinos a Trier desde 1723, un papel asumido polo seu avó Merier Halevi Marx. O seu pai, coñecido de neno como Herschel, foi o primeiro na liña en recibir unha educación secular. Converteuse en avogado cun ingreso cómodo de clase media alta e a familia posuía unha serie de viñedos en Mosela.Wheen 2001. pp. 07-09, 12.
Converteuse do xudaísmo ao protestantismo luterano, antes do nacemento do seu fillo, tras a derrogación da emancipación xudía en Renania, para evitar as restricións antisemitas e tomou un nome alemán: Heinrich, ademais do nome xudeu Herschel. Era un home inclinado á Ilustración, estaba interesado nas ideas dos filósofos Immanuel Kant e Voltaire, e participou nas axitacións por unha constitución e reformas en Prusia, que nese momento era gobernada por unha monarquía absoluta.Wheen 2001. p. 11. En 1815, comezou a traballar como avogado e en 1819 trasladouse coa súa familia dun apartamento alugado de cinco habitacións a unha propiedade de dez habitacións preto da Porta Nigra.Wheen 2001. p. 10. Karl "estaba apegado profundamente ao seu pai", segundo testemuños da súa filla Eleanor, e "nunca se cansaba de falar del". A nai de Karl, Henrietta Pressburg, era unha xudía holandesa que, a diferenza do seu marido, era semianalfabeta. Afirmou que sufría dun "excesivo amor materno", dedicando moito tempo á súa familia e insistindo na limpeza dentro do seu fogar.Wheen 2001. p. 12; Ela proviña, con todo, dunha familia de prósperos negociantes: máis tarde a súa familia fundou a empresa Philips Electronics. Foi tía avoa de Anton e Gerard Philips e tía bisavoa de Frits Philips.Francis Wheen, Karl Marx, (Editorial Debate, 2000), ISBN 978-84-8306-327-9 upright|miniatura|Certificado de transferencia de Marx da Universidade de Bonn. Pouco se sabe sobre a infancia de Karl Marx. Era o terceiro de nove irmáns. Ao morrer o seu irmán, Moritz, en 1819, converteuse no maior. Foi bautizado en 1824, como o resto dos seus irmáns, Sophie, Hermann, Henriette, Loussie, Emille e Karoline; na igrexa luterana.Heinrch Gemkow, Carlos Marx, Biografía completa (Editorial Cartago, 1975) p. 3. Marx «tiña un enorme apego ao seu pai (Heinrich). Xamais se cansaba de falar del e sempre levaba encima unha fotografía súa». Educouse en casa ata que en 1830 entrou no Instituto de Tréveris (en alemán Trier) onde o seu mestre foi Hugo Wyttenbach, amigo do seu pai. Wyttenbach empregara a moitos humanistas liberais como profesores, algo que enfureceu o goberno. A policía asaltou o colexio en 1832 cando descubriu que se distribuía aos alumnos literatura que apoiaba o liberalismo. Considerouse desacato á autoridade polo que as autoridades propuxeron reformas e substituíron á maioría do persoal. miniatura|upright|Primeiro retrato de Karl Marx (c.1835), debuxado durante os seus estudos na Universidade de Bonn polo seu amigo Heinrich Rosbach.
En outubro de 1835, Karl, que tiña dezasete anos, foi á Universidade de Bonn, onde desexaba estudar filosofía e literatura, pero o seu pai insistiu no dereito como campo de estudo máis práctico.Wheen 2001. p. 14. Marx abrazou un deísmo radical e a idea do progreso como camiño á liberdade e perfección nos seus primeiros escritos como «Reflexións dun adolescente ao elixir profesión» (Betrachtung eines Jünglings bei der Wahl eines Berufes) e «Unión dos Crentes en Cristo de acordo con Xoán 15: 1-14, mostrando as súas bases e esencia, como a súa absoluta necesidade e os seus efectos» (Vereinigung der Gläubigen mit Christo nach Joh. 15. 1-14, in ihren Grund und Wesen, in ihrer Wirkungen dargestellt). Foi capaz de evitar o servizo militar cando cumpriu os 18 anos porque sufría de "debilidade de peito".Wheen 2001. p. 15. Sendo afeccionado ás bebidas alcohólicas en Bonn, uniuse ao Club da Taberna de Tréveris (Landsmannschaft der Treveraner), unha asociación de bebedores onde en certo momento chegou a ser o seu copresidente.Wheen 2001. p. 16. Marx non tiña interese en estudar dereito e, debido ás súas malas notas, o seu pai obrigouno a transferirse á moito máis seria e academicamente orientada Universidade de Berlín,Wheen 2001. pp. 16–17. onde os seus estudos de dereito fixéronse menos importantes que as incursións na filosofía e a historia.Wheen 2001. p. 33.
París: 1843–1845 Marx emigrou a Francia; en París coñece a Friedrich Engels, con quen nacería unha grande amizade, e que sería até os seus últimos días o seu eterno colaborador.
Os seus artigos publicados en Francia provocan a súa expulsión deste país en 1845, polo que se ve obrigado ao exilio, establecéndose en Bruxelas, renunciou á súa nacionalidade para non ser perseguido polo goberno prusiano, aínda que tampouco adoptou outra nacionalidade, intensificou o contacto cos obreiros alemáns emigrados e ingresou na Liga dos Comunistas quen lle encargou a realización dun programa con ocasión dun congreso celebrado en Londres en 1847, ese programa é o Manifesto comunista publicado en 1848. Tralo período revolucionario de 1848, trasládase a Colonia, onde organiza un novo diario, Neue Rheinische Zeitung (Nova Gaceta Renana). Esta nova publicación, que ven á luz nun marco de forte actividade obreira organizada, acada un éxito rotundo. E é precisamente por esta capacidade axitadora polo que é prohibida polo goberno renano. miniatura|upright|O Capital, a obra máis influente de Marx. En 1849 Marx pasou a vivir a Londres e alí residiu o resto da súa vida cos escasos recursos económicos que lle reportaban os artigos para periódicos e a axuda dos amigos, neste período é precisamente cando Marx dedica o seu tempo á escritura da que sería a súa obra máis influente, O capital, que elabora nas salas de lectura do Museo Británico. O primeiro volume de O capital non verá a luz até 1867, tras dezaoito anos de traballo. Ademais, mentres traballa nesta obra, Marx colaborou na organización da Primeira Internacional, participando activamente nas discusións e na confrontación no seo da mesma entre comunistas e anarquistas. Trala experiencia da Comuna de París de 1871, Marx se retira da política activa e se dedica á escritura de ideoloxía, destacando como análise da praxe revolucionaria a súa obra A guerra civil en Francia. Finou o 14 de marzo de 1883 en Londres.
Pensamento miniatura|200px|Estatua de Karl Marx na Karl-Marx-Allee, Berlín
Marx foi testemuña da primeira gran crise do capitalismo (década dos anos 30 do século XIX) e do período revolucionario de 1848. Estas dúas vivencias serviron como pretexto para a análise teórica inserida na súa obra, na que desenvolve unha teoría económica capaz de achegar explicacións ás mesmas, pero á vez de interpelar as clases populares a participar nela activamente para producir un cambio revolucionario. Unha teoría revolucionaria que, se ben parte da análise da situación do seu tempo, non se circunscribe a este, senón que, mediante as teorías do materialismo histórico e dialéctico serve para analizar, interpretar e incidir nas condicións socioeconómicas de cada momento histórico.