José María Merino Sánchez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1941 é un escritor en lingua castelá. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Narrativa de España pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro do PEN Club. Traxectoria Aínda que naceu en Galicia, pouco despois a familia marchou á cidade do pai, León, onde pasou a infancia e a adolescencia. Estudou dereito na Universidade Complutense de Madrid e logo de exercer un tempo como avogado, ingresou como funcionario no Ministerio de Educación. Foi director do Centro das Letras do Ministerio de Cultura (1987-1989).

En 1972 publicou o seu primeiro libro, o poemario Sitio de Tarifa. Aínda que Merino é sobre todo coñecido polas súas novelas e contos, a primeira novela publicouna en 1976, Novela de Andres Choz.

Dende 2008, é membro da RAE, tamén é membro correspondente da Academia Panameña da Lingua e da Academia Norteamericana da Lingua Española.

Obra

Sitio de Tarifa (1972). Cumpleaños lejos de casa (1973). Novela de Andrés Choz (1976). El caldero de oro (1981). Cuentos del reino secreto (1982). La orilla oscura (1985). El viajero perdido (1990). Los trenes del verano -No soy un libro- (1992). Las visiones de Lucrecia (1996). Intramuros (1998). Los invisibles (2000). El heredero (2003). El lugar sin culpa (2006). La sima (2009). El río del Edén (2012).

Recoñecementos

En 2013 recibiu Premio Nacional de Narrativa de España, pola súa novela El río del Edén e en 2021 o Premio Nacional das Letras Españolas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1941 Categoría:Premio Nacional de Narrativa de España Categoría:Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Novelistas de Galicia