Longa Marcha 3B (Chang Zheng 3B en pinyin, abreviadamente CZ-3B) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha, cunha serie de variantes.
Características O Longa Marcha 3B e os seus derivados son uns lanzadores orbitais chineses de tres etapas e catro aceleradores deseñados para poñer satélites de ata 11.200 kg en órbita baixa terrestre e de ata 5100 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. Están baseados no Longa Marcha 3A e mellorados con tanques de propelente máis alongados, unha cofia máis grande e catro aceleradores de propelente líquido na primeira etapa, idénticos ós aceleradores do Longa Marcha 2F. Os Longa Marcha 3B son os foguetes chineses máis potentes en servizo.
Variantes CZ-3B/G1: capaz de poñer en órbita ata 300 kg máis en LEO que a versión orixinal, 1200 kg máis en órbita heliosincrónica e 400 kg máis en órbita xeoestacionaria. CZ-3B/G2: usa foguetes aceleradores de propelente sólido máis potentes que os das versións anteriores (LB-41). CZ-3B/G3: rendemento superior ao do seu antecesor. CZ-3B/G3Z: usa unha etapa superior H-18 modificada e máis potente. CZ-3B/YZ1: engade unha cuarta etapa YZ-50D para unha maior potencia.
Historial de lanzamentos