Hilla Limann, nado en Gwolu como Hilla Babini o 12 de decembro de 1934 e finado o 23 de xaneiro de 1998, foi un político e diplomático ghanés que foi presidente de Ghana do 24 de setembro de 1979 ao 31 de decembro de 1981.
Traxectoria Membro da etnia sassali naceu no seo dunha familia pobre Ghana News Link, criouno a familia de seu tío e el adoptou o seu apelido, estudou no instituto de Tamale e entre 1957 e 1960 estudou ciencias políticas na London School of Economics e logo francés na Sorbona, realizando logo estudos de historia na Universidade de Londres e doutorándose na Universidade de París. Traballou no ministerio de Asuntos Exteriores de Ghana entre 1965 e 1968, foi tamén membro da comisión constitucional encargada de redactar a Constitución de Ghana. En 1968 foi xefe da chancelería da embaixada en Togo e en 1971 conselleiro da misión permanente do seu país en Xenebra. En 1975 volveu a Ghana ao ministerio de Asuntos Exteriores.
Tras o golpe de estado dirixido por Jerry Rawlings en 1979, Limann, foi elixido nas eleccións presidenciais como o candidato do Partido Popular Nacional logo da descualificación de Imoru Egala polo Consello Supremo Militar. Egala elixiuno a el que era practicamente descoñecido no país Ivor Agyeman-Duah Between Faith and History: A Biography of J.A. Kufuor: Africa World Press (2003 ), p. 45. Resultou vencedor nas eleccións co 62% na segunda volta; durante o seu mandato apoiou os valores democráticos e panafricanismo pero á fronte dun goberno coalición inestable e acusado de corrupción Wisdom Tettey, Korbla P. Puplampu e Bruce J. BermanCritical Perspectives in Politics and Socio-Economic Development in Ghana:BRILL ( 2003), p. 124, pese a que se recoñecía a honestidade de Limann, agravado por unha situación económica preocupante Lynne Brydon e Karen Legge Adjusting Society: The World Bank, the IMF and Ghana: I.B.Tauris, (1996), p. 16 e os poucos recursos que mantiña o aparello estatal Tapan Prasad Biswa Ghana, Political and Constitutional Developments: Northern Book Centre (1992), p. 183, finalmente tras deteriorarse as relacións entre Limmann e Rawlings, este deu un golpe de estado que o depuxo Encyclopaedia Britannica. En 1992 coa fin do goberno militar Limann foi o candidato da Convención Nacional Popular nas eleccións presidenciais, recibindo o 6.7% dos votos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo da transmisión de poderes a Hilla Limann como presidente de Ghana
Categoría:Presidentes de Ghana Categoría:Diplomáticos Categoría:Nados en Ghana Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1998