Sara Leirós Fernández, nada nas Neves o 31 de maio de 1897 e finada en Santiago de Compostela en 1978, foi unha profesora e escritora galega.

Traxectoria Estudou na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. Foi profesora numeraria de Filosofía e de Psicoloxía na escola Normal de Ourense de 1928 a 1936. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1929, cun ensaio, escrito en castelán, arredor do significado intelectual do Padre Feijoo. En 1936 realizou varios viaxes, grazas a unha bolsa concedida pola Junta para Ampliación de Estudios, a diferentes países coa intención de adquirir máis coñecementos sobre Organización escolar. Despois da Guerra civil foi profesora na Escola Normal de Santiago de Compostela, cidade na que morreu en 1978.

Obras Compendio de Geografía General, 1934. El padre Feijoo. Sus ideas crítico-filosóficas, 1935. El existencialismo en la educación, 1959 El padre Feijoo: su magisterio, 1967 Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual, 1973. Por el camino, 1975.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 213–215. ISBN 978-84-8487-466-9

Ligazóns externas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pensionados da JAE