José de Santiago y Gómez, nado en Vigo o 2 de xaneiro de 1858 e finado en Castelló de la Plana en 1922,"José de Santiago y Gómez fue el primervigués que escribió la historia de su ciudad" por Gerardo González Martín. La Voz de Galicia, 29-4-1990, p. 45. foi un historiador, avogado e escritor galego.

Traxectoria Logo de prematuro falecemento do pai, a súa nai, Pastora Gómez, casou con José María Posada, ao que debe a súa formación literaria. Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra, que rematou en 1875. Estudou Dereito en Santiago de Compostela e en Madrid, onde traballou moitos anos como avogado. Compaxinou o traballo cunha meticulosa pescuda en bibliotecas e arquivos de todo o relacionado coa súa cidade natal e comarca. Foi autor de varios libros, na súa maioría estudos históricos sobre a lingua e a literatura galegas. Deixou á súa morte gran cantidade de obras inacabadas.

Obra Historia de Vigo y su comarca (1896). Bayona antigua y moderna (con Ulpiano Nogueira, 1902).Bayona antigua y moderna en Galiciana. Filología de la lengua gallega (1918). Metafísica del individualismo (1920).

Estudos inacabados Historia de los reyes suevos. Crítica del valor de los ideales. Historia de la literatura gallega. Prehistoria de Galicia.

Vida persoal

Casou con María Polo de Bernabé.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes .

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público