Jyväskylä é unha cidade finlandesa, é a capital e a cidade máis poboada da rexión de Finlandia Central. A cidade é coñecida como a "Atenas de Finlandia" polos numerosos centros educativos que ten. A cidade tamén é famosa polos edificios deseñados por Alvar Aalto, e por ser a sede do Rally de Finlandia e do Festival de Jyväskylä.

Demografía Poboación Jyväskylä foi a cidade finlandesa que maior crecemento experimentou no século XX. A poboación continuou a medrar no século XXI. Ano 1838 1850 1860 1900 1939 1952 1960 1970 1990 1997 2010 2012 Poboación de Jyväskylä 189 10px sobre 500 10px sobre 1.000 10px 3.000 10px 10.091 10px 31.504 10px 42.768 10px 59.954 10px 66.431 10px 75.353 10px 130.816 10px 131.997

Linguas A lingua predominante entre os habitantes de Jyväskylä e o finés, falado polo 96,7% da poboación como lingua materna en 2010. A porcentaxe de falantes de sueco é dun 0,2%, mentres que os falantes doutras linguas son un 3% da poboación.

Inmigración A finais do ano 2010 a cidade tiña arredor de 3.100 estranxeiros. A meirande parte dos inmigrantes da cidade proceden de Afganistán, Rusia, Estonia e Irán.

Historia Jyväskylä foi fundada o 22 de marzo de 1837 polo tsar Nicolao I de Rusia e construída do nada. A vila orixinal estaba situada entre o lago Jyväsjärvi (que está conectado ao lago Päijänne) e Harju, o monte de Jyväskylä, e consistía na meirande parte do centro urbano actual. A principios do século XX a cidade experimentou un notable crecemento. A meirande ampliación tivo lugar logo da Guerra de Continuación (segunda guerra mundial), cando acolleu aos refuxiados de Carelia e doutros puntos do país. Hoxe en día Jyväskylä ten un crecemento duns 1.000 habitantes por ano.

Xeografía Jyväskylä está situada na Järvi-Suomi (Finlandia Lacustre), habendo ata 328 lagos na cidade. Os lagos e ríos constitúen un 20,1% (295 km2) da superficie total da cidade. Os lagos máis grandes son o Päijänne, o Leppävesi, o Tuomiojärvi, o Palokkajärvi, o Luonetjärvi e o Alvajärvi-Korttajärvi. O centro da cidade está situado á beira do pequeno Jyväsjärvi.

A paisaxe de Jyväskylä é montañosa, boscosa e chea de auga. O arquitecto Alvar Aalto comparou a paisaxe montañosa de Jyväskylä coa Toscana italiana: "A pendente de Jyväskylä é case coma as montañas de viñedos de Fiesole".Nature and space: Aalto and Le Corbusier, en Routledge (2003)

Clima A latitude é o factor que máis condiciona o clima de Jyväskylä. Debido á súa situación setentrional, o inverto é longo, con neve, frío e escuro. Durante os meses centrais do inverno a cidade ten unicamente cinco horas de luz. Os veráns son suaves e cunha temperatura diaria media máxima de 22 °C en xullo. Durante o verán Jyväskylä experimenta longos días e noites luminosas coma o sol da media noite.

17px Jyväskylä Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura media máxima (°C) -5,1 -4,7 0,4 7 14,8 19 21,8 19 13 6,4 0,3 -3,3 7,4 Temperatura media mínima (°C) -12 -12,7 -8,3 -2,7 2,7 7,9 10,9 9,2 4,7 0,8 -4,5 -9,5 -1,1 Precipitacións (mm) 45 32 36 35 44 67 84 78 55 66 54 47 643''Fonte: Climatological statistics for the normal period 1981–2010

Deportes O principal deporte da cidade é o hóckey sobre xeo, o seu principal equipo, o JYP, compite na máxima categoría deste deporte no país, a SM-liiga, competición que gañou en 2009 e 2012. O seu equipo de fútbol xoga na terceira división.

A cidade tamén é coñecida por ser a sede do Rally de Finlandia, que xeralmente se disputa na rexión a primeira fin de semana de agosto, atraendo a gran cantidade de público.

Jyväskylä é un dos catro principais centros do salto de ski do país, sendo a cidade natal do gran campión finlandés desta modalidade, Matti Nykänen.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Jyväskylä