Santovenia de Pisuerga é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Pertence á comarca da Campiña del Pisuerga. O concello limita ao suroeste co de Valladolid.
Demografía Evolución demográfica1991 1996 2001 2004 2011 1.078 1.556 2.551 2.688 3.965
Lugares de interese Igrexa parroquial de San Xoán Bautista: construída no século XVI, presenta unha soa nave cun retablo maior de San Xoán Bautista, obra do escultor valisoletano Pablo Álvarez, que data de 1788. Ermida de Xesús Nazareno: construída no século XX, posúe unha escultura do Nazareno de finais do século XVI, obra de Pedro de la Cuadra.
Festividades A primeira festividade que se celebra ao ano é a de Santa Águeda (5 de febreiro), pero a principal e de maior importancia é a de San Xoán, patrón da localidade (24 de xuño). A Comisión de Festas organiza diferentes actividades ao longo dos días consecutivos, como a Fogueira de San Xoán, verbenas nocturnas ou o Desfile de Carrozas e Disfraces. Tamén se celebra San Juanín a última fin de semana de agosto, unha reunión popular entre veciños con gran variedade de actividades ao longo do día.
Deporte Santovenia recibe o sobrenome de "Cidade do Deporte" xa que a Unión Deportiva Santovenia leva a cabo un proxecto para fomentar esta actividade desde diferentes ámbitos. Cada ano realízanse diversas competicións de fútbol e baloncesto, aínda que tamén se practican outros deportes como tenis ou judo. Un exemplo é Mayte Martínez, recoñecida atleta nacida nesta localidade.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Valladolid