miniatura|180px|dereita|Escudo de armas do Reino de Hawai. Kamehameha IV, nado como Alexander ʻIolani Liholiho Keawenui en Honolulu o 9 de febreiro de 1834 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1863, foi o cuarto Rei de Hawai entre os anos 1855 e 1863.

Traxectoria Na época de ascenso ó trono de Kamehameha IV, a poboación da colonia estadounidense en Hawai medrara a un ritmo moi alto e comezaba a exercer unha importante presión política e económica sobre o Reino de Hawai. A Kamehameha IV preocupáballe que os Estados Unidos intentaran conquistar a súa nación. Nun intento por equilibrar a influencia que supoñían os intereses estadounidenses, Kamehameha IV emprendeu unha campaña destinada a limitar a dependencia de Hawai dos negocios e o comercio con América. Pretendía chegar a acuerdos co goberno do Reino Unido e doutras nacións europeas, pero o seu reinado non durou o suficiente como para que isto tivese repercusións duradeiras.

Por outra banda, Kamehameha IV e a súa muller, a raíña Emma de Hawai, adicaron gran parte do seu reinado a proporcionar unha asistencia sanitaria e educativa de calidade para os seus súbditos. Preocupáballes que as enfermidades traídas do estranxeiro como a lepra e a gripe dezmaran a poboación nativa hawaiana.

Devanceiros

Liña de tempo

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Kamehameha IV Kamehameha IV en Find a Grave

Categoría:Dinastía Kamehameha Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1863