Kyūshū (九州, きゅうしゅう) é a terceira maior illa do arquipélago xaponés. As principais cidades son Fukuoka, Kitakyūshū, Kumamoto e Kagoshima.

Xeografía O terreo da illa é montañoso e conta co volcán activo máis grande do Xapón, o Aso que ten unha altitude de 1.592 m. Atópase variada evidencia de actividade tectónica incluíndo numerosas lagoas termais. As máis famosas destas atópanse en Beppu ao nordés e en Aso, na rexión central da illa.

A rexión de Kyūshū (九州地方, kyūshū-chiho) contén sete prefecturas que se atopan na illa de Kyūshū. Fukuoka Kagoshima Kumamoto Miyazaki Nagasaki Oita Saga

A cidade máis populosa da illa é Fukuoka a cal é un porto e un centro da industria pesada. Kitakyushu tamén é unha cidade designada por decreto gobernamental e Ōmuta é outro centro industrial. O porto principal da rexión é Nagasaki.

Demografía {| style="background:none;" cellspacing="2px" | PrefecturaCapitalSuperficie (km²)Poboación(2010)%DensidadeconcellosFukuokaFukuoka4.978,515 071 9683,96%1.02060SagaSaga2.439,65849.7880,66%34620NagasakiNagasaki4.105,471 426 7791,11%34321KumamotoKumamoto7.404,791 817 4261,42%24445ŌitaŌita6.339,741 196 5290,93%18718MiyazakiMiyazaki7.735,991 135 2330,89%14626KagoshimaKagoshima9.188,821 706 2421,33%18443Total42.190,913 203 96510,33%311,6233

Notas

Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas do Xapón Categoría:Rexións do Xapón Categoría:Subdivisións do Xapón Categoría:Kyūshū