miniatura|Situación do apéndice no aparato dixestivo. miniatura|Válvula íleocecal e apéndice vermiforme. miniatura|Corte transversal do apéndice con Enterobius (vermes nematodos) con tinguidura de hematoxilina-eosina. miniatura|Apéndice vermiforme.
O apéndice vermiforme (ou apéndice cecal) é unha estrutura con forma de tubo pechado no extremo conectado ao intestino groso na zona do cego, a partir do cal se desenvolve embrioloxicamente. O apéndice está localizado preto da unión entre o intestino delgado e o groso.
O termo "vermiforme" significa "con forma de verme".
O apéndice é unha estrutura presente nos animais do grupo dos Euarchontoglires e evolucionou independentemente nos marsupiais diprotodontos e é moi variado en tamaño e forma.Smith, H. F., Fisher, R. E., Everett, M. L., Thomas, A. D., Randal Bollinger, R., Parker, W. (2009), Comparative anatomy and phylogenetic distribution of the mammalian cecal appendix. Journal of Evolutionary Biology, 22: 1984–1999. doi 10.1111/j.1420-9101.2009.01809.x
Tamaño e localización nos humanos Como media o apéndice humano mide uns 11 cm de lonxitude pero pode variar entre os 2 e os 20 cm. O diámetro do apéndice é xeralmente de entre 7 e 8 mm. Está localizado no cuadrante inferior dereito do abdome, preto da fosa ilíaca. Aínda que a posición no abdome da súa base é bastante constante, a uns 2 cm por debaixo da válvula ileocecal, a localización do seu extremo pode variar desde estar situada por detrás do cego (retrocecal, 74% dos caos) a estar na pelve ou ser extraperitoneal.
A parede do apéndice ten todas as capas típicas do intestino. Está engrosada pola gran cantidade de tecido linfoide que contén. A luz é angulosa. Carece de villi, pero ten criptas de Lieberkühn irregulares con algunhas células de Paneth e enteroendócrinas D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 664-665. ISBN 84-7605-361-4..
O apéndice como órgano vestixial O apéndice humano considerouse tradicionalmente unha estrutura vestixial, aínda que isto actualmente é discutido. Unha estrutura vestixial é unha estrutura que perdeu todas ou moitas das súas funcións orixinais ao longo do proceso da evolución, aínda que puido adquirir outras funcións. O apéndice vermiforme considerouse o resto reducido do gran cego que se encontraba nos antepasados remotos dos humanos. Está xeralmente presente nos Euarchontoglires (superorde de mamíferos que inclúe a roedores e primates) e evolucionou independentemente en marsupiais diprotodontos, monotremas, e é moi diverso en canto á súa forma e tamaño. O apéndice existe nos humanos e outros simios hominoideos e en diversos graos de desenvolvemento en varias especies de monos do Vello e Novo Mundo, pero non en todas.Fisher, RE. The primate appendix: a reassessment. Anat Rec. 2000 Dec 15;261(6):228-36. PMID 11135184
No cego, que se encontra nos tractos dixestivos de moitos herbívoros actuais, viven bacterias mutualistas que axudan aos animais a dixerir as moléculas de celulosa dos seus alimentos vexetais. Como o ser humano non ten unha cantidade significativa desas bacterias no seu cego e practicamente non pode dixerir a celulosa, o apéndice humano podería considerarse unha estrutura vestixial. Esta é a interpretación tradicional, que xa formulara Charles Darwin. Iso non quere dicir que non adquirira outras funcións distintas da orixinal principal, como pode ser a inmunitaria, xa que contén tecido linfoide. Nas seccións seguintes explícanse as funcións que se cre pode desempeñar o apéndice humano. Porén, un estudo de 2013 non atopou correlación entre a dieta e a forma do cego co tamaño e presenza do apéndice. Segundo este estudo o apéndice debe ter un valor adaptativo para as especies independentemente da súa función dixestiva, e o seu tamaño está positivamente correlacionado co tamaño do cego, o que contradí boa parte da explicación dada por Darwin. O apéndice tería evolucionado nos distintos clados unhas 32 veces e teríase perdido 6 veces. Os autores indican que "a historia evoutiva desta estrutura anatómica actualmente non está resolta".
Posibles funcións Tecido linfoide con función inmunitaria Nos adultos o apéndice actúa como un dos tecidos linfoides do sistema linfático, concretamente do chamado GALT. Está comprobado que o apéndice é rico en células linfoides que loitan contra as infeccións, polo que colabora na función inmunitaria. De todos modos, esta función non é esencial, xa que a extirpación do apéndice non produce unha perda da función inmunitaria nin efectos secundarios significativos . En realidade, o apéndice simplemente colabora coa súa cota correspondente á función do sistrema linfático no seu conxunto, igual que o fan o resto dos tecidos linfáticos. A presenza de tecido linfoide nas estruturas cecais considérase un carácter ancestral.
Secreción endócrina O apéndice adulto, igual que outras partes do intestino, contén algunhas células enteroendócrinas. Tamén se suxeriu que o apéndice ten unha función endócrina nos fetos. Nos apéndices de fetos de 11 semanas atópanse células endócrinas que poderían contribuír a mecanismos de control biolóxico (homeostáticos) durante o desenvolvemento prenatal.
Mantemento da flora intestinal miniatura|dereita|Posible función do apéndice como lugar seguro para o mantemento da flora normal, desde onde se recupera en casos de diarrea.
Algúns científicos propuxeron recentemente que o apéndice pode conter colonias de bacterias protectoras que son beneficiosas para a función do colon humano.Associated Press. "Scientists may have found appendix's purpose" . MSNBC, 5 de outubro de 2007. Consultado o 17 de marzo de 2009.
William Parker, Randy Bollinger, e colegas da Universidade de Duke propuxeron que o apéndice serve como refuxio para as bacterias beneficiosas da flora normal intestinal cando certas enfermidades eliminan ditas bacterias do resto do intestino. Esta proposta baséase nunha nova comprensión de como o sistema inmunitario axuda ao crecemento da flora bacteriana beneficiosa, en combinación con moitas características do apéndice, como a súa arquitectura, locaclización xusto debaixo da válvula por onde flúen os residuos e xermes procedentes do intestino delgado, e a súa asociación con grandes cantidades de tecido linfoide. Aínda que investigacións realizadas no Winthrop University-Hospital mostraron que os individuos co apéndice extirpado tiñan unha probabilidade catro veces maior de sufrir recorrencia de infección por Clostridium difficile,http://blogs.scientificamerican.com/guest-blog/2012/01/02/your-appendix-could-save-your-life/ outras investigacións mostraron que hai un grao significativamente maior de infección por C. difficile entre a xente con apéndice, e máis do 80% das infeccións teñen lugar en pacientes cun apéndice intacto .
Esta función de refuxio para as bacterias da flora intestinal pode ser útil en países sen unha sanidade moderna, onde a diarrea é prevalente. A diarrea é unha causa importante de morte nos países en desenvolvemento económico, e puido ter sido unha importante presión evolutiva nas poboacións humanas no pasado.
Enfermidades
As enfermidades máis comúns do apéndice humano son a apendicite e os tumores cancerosos. O cáncer de apéndice supón 1 de cada 200 casos de tumores malignos gastrointestinais. En raros casos están presentes tamén adenomas.
A apendicite é unha inflamación do apéndice. Produce dor no centro do abdome pouco localizado. Consonte progresa a inflamación, a dor empeza a localizarse máis claramente no cuadrante inferior dereito, e o peritoneo empeza a inflamarse, orixinando peritonite. Aparece unha dor no chamado punto de McBurney, situado a 1/3 do camiño ao longo dunha liña que vaia desde a espiña ilíaca superior anterior ao embigo. A febre e a resposta inmunitaria caracterizan tamén á apendicite.
O tratamento habitual da apendicite require a extirpación do apéndice inflamado ou apendicectomía por laparotomía ou laparoscopia. Se non e trata pode romper orixinando peritonite, seguida de shock e, se non se trata rapidamente, a morte."appendicectomy - definition of appendicectomy". Farlex Incorporation..
Outros usos O apéndice utilízase para a construción dun conduto urinario eferente nunha operación cirúrxica denominada procedemento de Mitrofanoff, que se realiza a pacientes con vexiga neuroxénica.
O apéndice utilízase tamén como un medio para acceder ao colon en nenos con intestinos paralizados ou problemas importantes no esfínter rectal. O apéndice sácase pola superficie da pel e aplícase un catéter e unha disolución para baleirar o colon. Ver https://web.archive.org/web/20191016171448/https://www.healthpoint.co.nz/public/paediatrics/wellington-childrens-hospital-paediatric/caring-for-an-ace-or-chait-tube/
Notas
Véxase tamén Outros artigos Homoloxía (bioloxía) Apendicite Apendicectomía
Bibliografía "The vestigiality of the human vermiform appendix: A Modern Reappraisal"— Argumentación desde os principios da bioloxía evolutiva de que o apéndice é vestixial. Appendix May Actually Have a Purpose—2007 WebMD article.
Ligazóns externas SUNYAnatomyLabs|37|12|01|02 —"Abdominal Cavity: The Cecum and the Vermiform Appendix"
Categoría:Aparato dixestivo
ar:زائدة دودية bg:Апендикс bn:অ্যাপেন্ডিক্স ca:Apèndix vermiforme cs:Apendix cy:Coluddyn crog de:Appendix vermiformis el:Σκωληκοειδής Απόφυση en:Vermiform appendix eo:Apendico es:Apéndice vermiforme fa:آپاندیس fi:Umpilisäke fr:Appendice iléo-cæcal hak:Lân-mî he:תוספתן hr:Crvuljak hu:Féregnyúlvány id:Umbai cacing it:Appendice vermiforme ja:虫垂 jv:Umbai cacing ko:충수 ku:Rûviya zêde la:Appendix vermiformis lt:Kirmėlinė atauga mk:Слепо црево mr:आंत्रपुच्छ ms:Apendiks nl:Wormvormig aanhangsel pam:Vermiform appendix pl:Wyrostek robaczkowy pt:Apêndice vermiforme ru:Аппендикс человека sh:Slepo crevo simple:Vermiform appendix sk:Príloha e-mailu sl:Slepič sr:Слепо црево ta:குடல்வால் te:ఉండుకము th:ไส้ติ่ง tr:Apandis ug:سازاڭسىمان ئۆسۈكچە uk:Апендикс zh:阑尾