Luis Urquiri Urain, nado en Deba (Guipúscoa) o 1 de setembro de 1906 e finado en 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Como futbolista Como xogador militou como centrocampista do Deportivo Alavés e no Atlético Aviación en Primeira División nos anos trinta e corenta. Co Atlético Aviación gañou dúas ligas e unha Copa Eva Duarte.

Como adestrador Na súa traxectoria como técnico descubriuse como un experto en acadar ascensos, conseguíndoo con Deportivo da Coruña, Málaga CF, Real Zaragoza e Real Oviedo.

No ano 1953 fai un inciso na súa traxectoria co Real Oviedo para adestrar ao Celta de Vigo inmerso na liga de descenso a Segunda División na que finalmente descendería pero a renuncia do España Industrial a ascender fai que o Celta puidese salva-la categoría.

Dous anos despois, na tempada 1955-56, e tras que o adestrador vasco Antonio Barrios dera plantón ao Celta de Vigo, con quen xa tiña un acordo, polo Atlético de Madrid a directiva céltica volve a contratar a Urquiri. O técnico mantivo ao Celta na zona tranquila nunha boa tempada na que o dianteiro vigués Mauro case acada o Trofeo Pichichi quedando a só un gol de Alfredo Di Stéfano. Ao finalizar a tempada Urquiri deixa o equipo, sendo substituído por Alejandro Scopelli.

Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Deba Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores do CD Málaga Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores do Real Oviedo Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Racing de Santander Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés