miniatura|Champiñóns Os champiñóns (do francés champignon, procedente do latín vulgar campiniolus, derivado de campania ‘do campo’) chamados formalmente agáricosNome recomendado para o xénero polo Gran dicionario Xerais de lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e tamén chamados cogordas son fungos do xénero Agaricus. O máis coñecido é o champiñón común Agaricus bisporus.
Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.
Especies (selección)
En Galiza existen varias especies bravas coma o fungo dos lameiros ou fungo pequeno das febras (Agaricus campestris), a bóla de neve (Agaricus arvensis) ou a bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola). A maioría dos champiñóns son comestíbeis. Especies tóxicas como Agaricus xanthoderma caracterízanse por un cambio de cor en amarelo cromo cando se cortan. Algunhas especies salientábeis deste xénero son:
Sección: Agaricus Agaricus campestris (fungo dos lameiros) Agaricus bisporus (champiñón común) Agaricus bitorquis (cogomelo das rapadoiras) Sección: Sanguinolenti Agaricus silvaticus (fungo das febras) Agaricus langei Sección: Minores Agaricus semotus Agaricus comtulus Sección: Arvenses Agaricus arvensis (bóla de neve) Agaricus silvicola (bóla de neve dos bosques) Agaricus augustus Sección: Xanthodermatei (champiñón fedorento) Agaricus xanthoderma Agaricus placomyces
Notas
Categoría:Fungos comestibles