A Sociedad Deportiva Logroñés é un club de fútbol de España, da cidade de Logroño. Foi fundado o 4 de xuño de 2009 e actualmente xoga na Terceira División Española.

Historia Despois do descenso do histórico Club Deportivo Logroñés o 18 de xaneiro de 2009 a Rexional Preferente, xurdiu un novo proxecto futbolístico en Logroño denominado Club Puerta Cero. O proxecto debeu o seu nome ás sucesivas reunións que socios, peñistas e afeccionados blanquirrojos celebraban na Porta 0 do Estadio Las Gaunas tras o descenso do Club Deportivo Logroñés, co obxectivo de crear desde a base un novo equipo que o substituíse.

O 4 de xuño de 2009 celebrouse unha Asemblea Constituínte, na que se aprobaron os estatutos do club, o orzamento e a xunta directiva, e votáronse entre as diversas opcións presentadas para elixir o nome, o escudo e o equipamento definitivos.

O 5 de setembro de 2009 xogou o seu primeiro partido oficial vencendo ao Ciudad de Alfaro por 1 a 4. A falta de nove xornadas para o final da liga, conseguiu o ascenso matemático a Terceira División o 3 de abril de 2010. O 5 de xuño acabou a tempada cun total de 118 puntos ao conseguir 39 vitorias e un empate, ademais de 177 goles a favor e 27 en contra.

Na súa primeira tempada en Terceira, terminou a liga empatado a 88 puntos co Náxara, pero cun peor resultado nos dous partidos xogados entre eles, concluíndo xa que logo en segunda posición. Na fase de ascenso conseguiu eliminar a Granadilla e Villaviciosa, pero caeu eliminado na final contra a Gimnástica Segoviana.

Na tempada 2011-12, proclámase campión de Terceira. Xoga a fase de ascenso e sobe a Segunda B tras gañar por un resultado global de 4-3 ao Peña Sport.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón negro e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta azul claro, pantalón branco e medias brancas.

Estadio

O Estadio Las Gaunas é o estadio de fútbol onde xoga os seus partidos o SD Logroñés.

Estadio Municipal de Las Gaunas Tras xogar durante o seu primeiro ano de historia en Las Gaunas, o concello de Logroño decidiu sacar a concurso a cesión e explotación do campo, concedéndolla finalmente á Unión Deportiva Logroñés, polo que a SDL pasou a disputar os seus partidos no estadio Mundial 82. A UDL rompeu ese convenio de cesión do campo en agosto de 2012, volvendo así a SD Logroñés a dispoñer do estadio xogando como local e compartíndoo coa UDL. A SD Logroñés instalou as súas oficinas en Las Gaunas, tamén compartidas coa UDL a primeiros de outubro de 2012.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 (Incluída a 2012/13) Tempadas en 3ª: 2

Historial na liga TempadaCategoríaPosto2009/10Rexional Preferente1º 10px2010/113ª 2º2011/123ª 1º 10px2012/132ªB-

Palmarés Torneos nacionais Terceira División Española (1): 2011-12 Subcampión da Terceira División (1): 2010-11 Rexional Preferente da Rioxa (1): 2009-10 Copa Federación da Rioxa (1): 2011

Torneos amigables Trofeo Ciudad de Santo Domingo (1): 2011 Trofeo Excavaciones Peña (1): 2010 Trofeo San Roque (1): 2010

Véxase tamén Club Deportivo Logroñés

Ligazóns externas Sitio web oficial Web da SD Logroñés en Futbolme.com Blog oficial do Club Puerta Cero

Logrones, Sociedad Deportiva Logrones, Sociedad Deportiva Categoría:Deporte en Logroño