Este artigo trata sobre unha vila, para o santo véxase: Malo (santo).

Saint-Malo (Sant-Maloù en bretón, Saent-Malo en galó) é unha cidade situada na costa norte da Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.

Xeografía Saint-Malo está situada na Costa de EsmeraldaEugène Herpin deu este nome a esta parte da costa situada entre o cabo Fréhel e Cancale, debido á cor verde esmeralda que presenta algunhas veces o mar nesta zona., no litoral norte da Bretaña, no canal da Mancha.

Está situado na ribeira dereita da ría do río Rance e dista 75 km de Rennes.

Ocupa un lugar privilexiado, próxima a Normandía e das illas anglo-normandas Jersey e Guernesey.

Demografía Evolución demográfica 1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 2008 2010 17.137 42.297 45.030 46.347 48.057 50.675 49.661 48.211 46.342 <small>Dende 1962 até 2010: Poboación sen recontos

Patrimonio As murallas miniatura|dereita|300px|Vista xeral da cidade amurallada. Só queda unha pequena parte do recinto medieval (s. XV); as tres cuartas partes da muralla foron substituídas entre 1708 e 1744 para a ampliación da cidade, e no século XIX houbo outra rectificación.

Intra-muros Catedral Saint-Vincent Castelo de Saint-Malo (século XV), comezado en 1424 polo duque da Bretaña Jean V e continuado por François II e Ana da Bretaña. Hotel André Désilles (século XVII) onde naceron Picot de Clorivière e o seu sobriño André Désilles. Hotel de la Gicquelais, casa natal de Chateaubriand. Capela Saint-Aaron (1621)

Extra-muros Varios fortíns construídos a finais do século XVII sobre illotes rochosos da baía. A torre Solidor, comezada a finais do século XIV polo duque Xoán IV.

Personaxes relacionadas con Saint-Malo San Malo (520-621), santo fundador da vila. Jacques Cartier (1491-1557), navegante e explorador, naceu en Saint-Malo. Jacques Gouin de Beauchesne (1652-1730), navegante, naceu en Saint-Malo. René Duguay-Trouin (1673-1736), corsario, tenente xeneral da Mariña durante o reinado de Louis XIV, naceu en Saint-Malo. Louis Antoine de Bougainville (1729-1811), navegante. François-René de Chateaubriand (1768-1848), escritor, naceu en Saint-Malo. Robert Charles Surcouf (1773-1827), un dos corsarios franceses máis famosos, naceu en Saint-Malo.

Cidades irmandadas Port Louis, Mauricio (1999) Gaspé, Quebec, Canadá (2009) Saint-Malo, Quebec, Canadá St. Malo, Manitoba, Canadá Cowes, Illa de Wight, Reino Unido Gniezno, Polonia

Galería de imaxes miniatura|centro|900px|Vista panorámica dende a illa Grand Bé durante a baixamar. miniatura|centro|900px|Vista da cidade amurallada dende o suroeste.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Saint-Malo

Categoría:Concellos do departamento de Ille e Vilaine Categoría:Cidades de Francia