Marineda City, ou Marineda City Ocio, Shopping & Business, é un complexo comercial e de lecer na cidade da Coruña, España. É o centro comercial máis grande de Galicia, o segundo máis grande de España e o cuarto máis grande de Europa.

Está situado no polígono da Grela, en plena cidade da Coruña e próximo ao concello de Arteixo. O complexo debe o seu nome ao alcume co que a escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán se refería á cidade herculina nas súas novelas.

miniatura|dereita|Fachada Marineda

Historia miniatura|esquerda|Tendas de Marineda City. Marineda City abriu as súas portas na Coruña en 2011. Promovido por Invest Cos, propiedade dos empresarios galegos Manuel Jove, Modesto Rodríguez, José Collazo e José Souto, na súa arquitectura destacaba o seu lucernario, o máis grande de España nun centro comercial, con 3500 metros cadrados de cristal en bóveda. O complexo contaba orixinalmente co primeiro Ikea de Galicia, un El Corte Inglés con Hipercor, un centro comercial con marcas nacionais e internacionais, un hotel e un centro de negocios (Business Center).

En 2014 a socimi Merlin Properties adquiriu o centro comercial por 260 millóns de euros, empresa que actualmente segue a ser a súa propietaria e xestora.

En 2023 El Corte Inglés, que formaba parte do complexo, pechou as súas portas e Merlin Properties adquiriu ese espazo para executar posteriormente unha reforma e ampliación do recinto. Durante a fase de reestruturación, foi nomeada xerente do centro Purificación Berdejo, profesional con máis de 25 anos de experiencia na dirección de centros comerciais en toda España.

A ampliación foi inaugurada oficialmente o 23 de outubro de 2025. Tras dous anos de obras e un investimento de 41 millóns de euros, o complexo presentou un novo espazo de case 30 000 metros cadrados que inclúe unha gran praza central integrada, así como novas zonas verdes e áreas de descanso.

Trala ampliación do recinto na zona que ocupaba El Corte Inglés, Marineda City continuou con novas inauguracións na súa oferta comercial e anunciou que alcanzara o cento por cento de ocupación na súa segunda planta, dedicada integramente á restauración e ao lecer. En 2026, o centro comunicou a incorporación de novas marcas de moda, complementos e xoiería.

Tendas miniatura|dereita|280px|Interior do Marineda. O complexo rexistra unha afluencia media de 18 millóns de visitas cada ano e dispón de máis de 200 establecementos comerciais. Entre as súas principais firmas de moda, fogar e servizos atópanse marcas como Ikea, Decathlon, MediaMarkt, Mercadona, Veritas, Columbia, Vans, JD Sports, Fútbol Emotion, Sprinter, Brownie, Leroy Merlin, Primark, Pepco, HalfPrice, K-tuin, Zara (Woman, Man e Kids), Massimo Dutti, Lefties, Stradivarius, Pull&Bear, Bershka, Zara Home, H&M, PuntRoma, Miramira, Mango, Singularu, Tous, Pandora, Parfois, Springfield, Women's Secret, Cortefiel, Blue Banana, Scalpers, El Pulpo, La Casa de las Carcasas, La Casa del Libro, Mayoral, Arenal, Druni e Tezenis, entre outras.

Lecer e restauración A oferta gastronómica do centro comercial inclúe locais de restauración como La Pepita, Vicio, Vips, Goiko, PPANG, 100 Montaditos, McDonald's, KFC, Burger King, Taco Bell, Cambalache, Popeyes, Totoro Sushi, Kung Fu Noodles, Le Coq, Manolo Bakes e Grosso Napoletano.

En canto ás opcións de entretemento, dispón duns cines da cadea Cinesa con 12 salas, pista de birlos, circuíto de karting, un centro de adestramento de estilo libre (freestyle indoor center) e un parque de aventuras con máis de 7000 metros cadrados de superficie inaugurado en 2026.

Un hotel Carrís de 4 estrelas e un centro de negocios (Business Center) completan a infraestrutura de servizos do complexo.

Accesos e transporte O complexo Marineda City inclúe conexións tanto para o tráfico privado como cunha rede de transporte público que conecta cos principais nós de comunicación da comarca da Coruña:

En coche O centro comercial ten accesos directos ás principais vías de alta capacidade da cidade:

Vía de acceso Descrición e conexións Tercera Ronda (AC-14) Autovía urbana de circunvalación con ramal de acceso directo e saída cara ao aparcadoiro do complexo. Conecta de forma rápida co Aeroporto da Coruña (Alvedro) e coa autovía A-6 (dirección Lugo e Madrid). Avenida de Baños de Arteixo (AC-552) Vía de acceso paralela á fachada principal do centro. Permite a entrada directa desde o centro urbano da Coruña e conecta coa autoestrada de peaxe AG-55 (dirección Arteixo e Carballo).

Aparcadoiro O complexo dispón duns estacionamentos subterráneos gratuítos distribuídos en tres plantas con capacidade para uns 6000 vehículos. Ten accesos e incorporacións diferenciadas desde Martinete, a Av. Baños de Arteixo e Monte Patelo, para distribuír o fluxo de tráfico nas horas punta.

Transporte público Existen conexións directas en autobús urbano así como alternativas combinadas desde a terminal ferroviaria:

Medio Liña / Conexión Detalles do traxecto 18px|link= Autobús urbano Liña 11 (As Lagoas - Área Comercial Marineda) Conexión directa operada pola Compañía de Tranvías de La Coruña. Ten parada no propio recinto comercial. 18px|link= Tren Desde a Estación da Coruña-San Cristóbal Ao chegar á estación de tren, pódese coller o autobús urbano da Liña 11 na parada próxima de Os Mallos, ou ben optar por un traxecto directo en taxi (aproximadamente 10 minutos) ata Marineda City.

Horarios O complexo comercial ten diferentes horarios de apertura segundo a actividade comercial, de lecer ou servizos:

Actividade / Sector Horario de apertura Tendas e supermercado De luns a sábado de 10:00 a 22:00 h.Leroy Merlin conta cun horario ampliado de 9:00 a 22:00 h. Lecer e restauración De domingo a xoves de 12:00 a 00:00 h.Venres, sábados e vésperas de festivos de 12:00 a 01:00 h. Ximnasio De luns a domingo de 06:00 a 01:00 h. Aparcadoiro De luns a xoves de 09:00 a 00:00 h.Venres, sábados e vésperas de festivos de 09:00 a 01:00 h.Domingos de 11:00 a 00:00 h.

Servizos Marineda City ofrece unha variedade de servizos gratuítos e de asistencia ao visitante nas súas instalacións:

Mobilidade e accesibilidade: Ademais das prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida e familias numerosas, o centro dispón de puntos de recarga para vehículos eléctricos e patinetes, así como zonas exclusivas para estacionar bicicletas, motos e patinetes. En colaboración coa Fundación Vivir Sin Barreras (FUNVIBA), ofrécese un servizo de préstamo gratuíto de scooters eléctricas para facilitar as compras a persoas con dificultades de mobilidade, xunto co préstamo convencional de cadeiras de rodas. Servizos familiares e infantilis: O centro inclúe salas de lactación, cambiadores, aseos infantís, préstamo de cadeiras de paseo para bebés e pulseras de seguridade identificativas. Benestar e inclusión social: É un espazo pet friendly (permite o acceso con mascotas baixo normativa) e conta cun Punto Violeta para a prevención da violencia de xénero, unha oficina de farmacia e préstamo de cascos de protección para visitantes con sensibilidade auditiva. Outros servizos: Dispón de consignas e portelos para equipaxe, unha caixa de correos para envíos postais e unha área específica de recollida de compras en liña (Click & Collect).

Premios e recoñecementos Ao longo da súa traxectoria, o complexo recibiu diversos galardóns outorgados por entidades do sector inmobiliario, comercial, empresarial e da comunicación:

Premio ao mellor centro comercial de España (2010): Outorgado polo Grupo Vía, editorial especializada nos sectores da construción, inmobiliario e arquitectónico, antes incluso da inauguración oficial do complexo. Premio ao mellor centro comercial grande (2012): Concedido pola Asociación Española de Centros y Parques Comerciales (AECC). Premio Creación de Emprego (2012): Outorgado pola revista económica Actualidad Económica en recoñecemento ao impacto laboral do complexo na rexión. Premio Paraguas (2018): Concedido polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia á mellor acción de escoita ao cliente. Premio á mellor Acción de Sostibilidade (2022): Outorgado de novo pola Asociación Española de Centros y Parques Comerciales (AECC) debido ás súas campañas e melloras en materia ambiental.

Sostibilidade e certificacións O centro comercial conta cunha estratexia ambiental orientada a reducir a súa pegada de carbono mediante a implantación de tecnoloxías de eficiencia enerxética e xestión de recursos. Entre as súas medidas principais destacan a instalación de sistemas para a reutilización de augas pluviais, a xeración de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo e protocolos de xestión de residuos encamiñados ao «residuo cero».

Así mesmo, o complexo foi certificado baixo esixentes estándares de sostibilidade e xestión internacional: Certificación BREEAM: Conta co certificado de construción sostible BREEAM (Building Research Establishment Environmental Assessment Methodology) na categoría «En Uso», tendo obtido unha das cualificacións máis altas do sector en España. Premio ás Boas Prácticas Medioambientais: Recoñecemento derivado das súas continuas auditorías e plans de optimización de recursos. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Marineda city, el complejo comercial más grande de España y el tercero de Europa. Vídeo promocional 720pHD, 4:39

Categoría:Centros comerciais de Galicia Categoría:Arquitectura civil na Coruña