Xunta Nacionalista Asturiana (XNA) foi unha organización política nacionalista asturiana de esquerdas, de escaso percorrido, centrada principalmente no ámbito universitario.Entrevista a Inaciu Iglesias. Na mesma, participaron persoas como José Suárez Arias-Cachero e Inaciu Iglesias.
Formouse no ano 1986 cos militantes procedentes do Conceyu Nacionalista Astur (CNA) e, aínda que se definiu como partido político, non se rexistrou oficialmente como tal. É por iso que non se presentou nin ás eleccións asturianas de 1987, nin ás europeas dese mesmo ano.
En 1988 xúntase á formación socialista Ensame Nacionalista Astur (ENA), creada en 1982, formando o partido Unidá Nacionalista Asturiana (UNA).
Notas
Categoría:Partidos políticos de Asturias Categoría:Nacionalismo asturiano