Joan Margarit i Consarnau, nado en Sanaüja (Lleida) o 11 de maio de 1938 e finado en San Just Desvern o 16 de febreiro de 2021, foi un poeta, arquitecto e catedrático catalán xubilado da Universidade Politécnica de Cataluña na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Escribe tanto en catalán como en español.

Biografía

Joan Margarit naceu en Sanaüja, na comarca da Segarra, durante a guerra civil española cando a fronte de Aragón xa estaba cerca daquelas terras, fillo de Joan Margarit i Serradell, arquitecto, de Barcelona, e Trinitat Consarnau i Sabaté, mestra, de L'Ametlla de Mar.

Os seus pais casaron en xullo de 1936 en Barcelona, pero a Guerra Civil obrigounos a retirarse a Sanaüja, á casa da avoa paterna, onde naceu o poeta.

Acabada a guerra e até 1948, a familia cambiou varias veces de domicilio: Rubí, Figueres e Xirona. De retorno a Barcelona, a familia viviu diante do Turó Parc e Joan Margarit estudou bacharelato no Instituto Ausiàs March que daquela estaba na rúa de Muntaner.

En 1954 a familia trasladouse ás illas Canarias e, desde 1956, Margarit pasou os cursos académicos en Barcelona para estudar arquitectura, no Colexio Maior Sant Jordi, onde residiu até 1961. En 1962 coñeceu a Mariona Ribalta con quen casou ao ano seguinte, e coa que tivo tres fillas, Mònica, Anna e Joana, e un fillo, Carles.

Margarit deuse a coñecer como poeta en castelán en 1963 e en 1965. Despois dunha longa paréntese de dez anos, escribiu Crónica publicado polo seu amigo Joaquim Marco, director da colección “Ocnos”, de Barral Editores. A partir de 1980, iniciou a súa obra poética en catalán.

Desde 1975, Margarit e a súa familia viviron en Sant Just Desvern, onde tamén tiña o estudio de arquitectura que compartía con Carles Buxadé, amigo e socio, desde 1980. Desde 1968, Margarit era catedrático de Cálculo de estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.

Definiuse como poeta bilingüe en castelán e catalán. Por outro lado, desdeñou as correntes poéticas e considerou que, fóra da poesía, o home se atopaba á intemperie, valorando o poeta como "o ser máis realista, o máis pragmático, porque bebe da realidade. O que non é pragmático é a economía".

En 1987, con motivo do milenario de Sant Just Desvern, o Orfeón Enric Morera estreou a súa Cantata de Sant Just.

En xuño de 2008 foi galardoado co Premio Nacional de Literatura concedido pola Generalitat de Cataluña pola súa obra Casa de Misericòrdia. En outubro do mesmo ano, pola mesma obra, recibiu o Premio Nacional de Poesía.Joan Margarit gana el premio Nacional de Poesía, El País, 7 de outubro de 2008. Consultado o 18 de xuño de 2012.

En 2008 foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.

No 2010 foi o encargado de ler o pregón das Festas da Mercè de Barcelona, onda falou de revisar as relacións de Cataluña con España. Tamén foi o encargado de inaugurar o curso académico 2010-2011 da Universidade Pompeu Fabra (UPF).

En 2019 foi galardoado co Premio Cervantes.

Obra Arquitectura

Mercado de Vitoria (1977). Rehabilitación da Fábrica Aymerich de Terrassa como Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña. Reforma do Monumento a Cristovo Colón (1982-1984). Estadio e anel olímpico de Montjuïc (1989). Forma parte do equipo que dirixe as obras da Sagrada Familia.

Libros de ensaio

Nuevas cartas a un joven poeta. Barril & Barral, 2009.

Libros de poesía

Cantos para la coral de un hombre solo. Barcelona: Editorial Vicens Vives. 1963. (Con prólogo de Camilo José Cela e ilustracións de Josep Maria Subirachs). Crónica. Barcelona: Barral Editores. Col. Ocnos. 1975. Predicación para un bárbaro. Barcelona: Editorial Prometeo. 1979. L'ombra de l'altre mar. Barcelona: Edicions 62, 1981. Vell malentès. Valencia: Eliseu Climent/3i4, 1981 (Premio Vicent Andrés Estellés de poesía). El passat i la joia. Vic: Eumo, 1982. Cants d'Hekatònim de Tifundis. Barcelona: La Gaia Ciència, 1982. Raquel: la fosca melangia de Robinson Crusoe. Barcelona: Edicions 62, 1983. L'ordre del temps. Barcelona: Edicions 62, 1985. Mar d'hivern. Barcelona: Proa, 1986. Cantata de Sant Just. Alacant: Institut d'Estudis Juan Gil-Albert, 1987. La dona del navegant. Barcelona: La Magrana, 1987. Llum de plua. Barcelona: Península, 1987. Poema per a un fris. Barcelona: Escola d'Arquitectes de Barcelona, 1987. Edat roja. Barcelona: Columna, 1990. Els motius del llop. Barcelona: Columna, 1993. Aiguaforts. Barcelona: Columna, 1995. Remolcadors entre la boira. Argentona: L'Aixernador, 1995. Estació de França. Madrid: Hiperión, 1999. Poesía amorosa completa (1980-2000). Barcelona: Proa, 2001. Joana. Barcelona: Proa, 2002. El primer frío. Poesía 1975-1995. Madrid: Visor, 2004. Cálculo de estructuras. Madrid: Visor, 2005. Tradución castelá. Arquitecturas de la memoria. Ediciones Cátedra, 2006. Edición castelá. Casa de misericordia. Madrid: Visor, 2007. Edición bilingüe castelán-catalán (Premio Nacional de Poesía 2008). Barcelona amor final. Barcelona: Proa, 2007. Misteriosamente feliz. Madrid: Visor, 2009. Intemperie. Antología. Madrid: Ediciones Rilke, 2010. Edición bilingüe castelán-catalán.

Obra poética traducida Ao galego: El viatge de la vida. A viaxe da vida (2021). A Coruña: Medulia. Tradución de Luciano Rodríguez Gómez. 164 páxs. ISBN 978-84-123254-6-1. Ao inglés: Tugs in the fog , versións de Anna Crowe (Bloodaxe Books, 2006) Ao ruso: Llums dels instants (Universidade de San Petersburg, 2003) Ao hebreo: Mai no m’he tingut per grec, versións de Shlomo Avayou (Keshev Publishing House, Tel Aviv, 2004) Ao alemán: "Joana und andere Gedichte", tradución de Juana e Tobias Burghardt (Delta, Stuttgard, 2007) Ao portugués: Casa da Misericórdia'', tradución de Rita Custódio e Àlex Tarradellas (OVNI, Entroncamento, 2009)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial de Joan Margarit Nuevas cartas a jóvenes poetas de Joan Margarit L'ombra de l'altre mar 2Buxadé, Margarit, Ferrando, s.l.p. Comentario ao poema Tendències Joan Margarit i Consarnau en LletrA Xavier Ribalta canta Joan Margarit

Categoría:Arquitectos de Cataluña Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Nados en Sanaüja Categoría:Nados en 1938 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Premio Cervantes Categoría:Finados en 2021