Mallacán é un grupo musical aragonés xurdido en Zaragoza no ano 1992. A primeira gravación que fixeron foi unha maqueta en casete chamada "Entalto a reboluzión!" no ano 1995 e dende entón teñen publicados catro álbums: "Luen d'o paradiso" (1999), "Chera chera!" (2002), "País zierzo" (2005) e "Mar de suenios" (2009). Empregan o aragonés na meirande parte das súas cancións, aínda que tamén teñen gravado algunhas en catalán e castelán.

A súa música é unha fusión de rock, ska, reggae e folk.

Compoñentes do grupo Actualmente, o grupo está formado por sete compoñentes, pero houbo moito cambios de formación durante a historia do grupo:

Fernando: voz e guitarra Arturo: batería Sito: guitarra Mario: baixo Eduardo: trompeta e percusión Alex: trombón, percusión e voz Jandro: gaita aragonesa, teclados, acordeón e dulzaina aragonesa

Destacan por empregar instrumentos tradicionais de Aragón como a gaita de boto e a dulzaina aragonesa.

Discografía Entalto a reboluzión! (1995) Luen d'o paradiso (1999) Chera, chera! (2002) País Zierzo (2005) Mar de suenios (2009)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Mallacán en MySpace Vídeo en YouTube Canta trista d'Irina

Categoría:Grupos musicais de Aragón Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais de rock