Malco, tamén escrito Μάλχος (Málkhos), nado en Filadelfia (Siria), a comezos do século VI, foi un historiador bizantino.
Traxectoria É o autor dunha Historia bizantina (Βυζαντιακά) en sete libros que continúa a de Prisco e abrangue os anos 473 a 480. Narra contecementos que coñece directamente e o seu estilo é notábel. Consérvanse algúns fragmentos que aparecen no Excerpta de Legationibus de Constantino Porfiroxéneta.
Categoría:Historiadores bizantinos Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Nados en Siria