A limiá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Segundo datos do 31 de decembro de 2024 a poboación era de 1 931 exemplares, cunha tendencia á alza mantida dende 2014. A raza limiá toma o seu nome dunha das comarcas naturais do sur da provincia de Ourense, concretamentamente, da Limia.
Estudos filoxenéticos recentes realizados con marcadores xenéticos corroboran a hipótese filoxenética admitida ata agora pola maioría dos zootecnistas, que relacionan esta raza co Bos primigenius estrepsiceros. O feito de estar asentada nun terreo fértil e favorable conferiulle un grande desenvolvemento corporal e certa superioridade produtiva en relación con outras razas locais galegas.
Morfoloxía e datos produtivos Son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 490 kg para as femias e de 925 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 137 cm para as femias e de 143 cm para os machos. Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois, grandes, longos e espiraliformes nas vacas. O tronco é amplo e harmónico, o tórax ampuloso, con costelares cilíndricos e peito ancho. As extremidades son de lonxitude media, fortes e ben asentadas. O ubre é globuloso, desenvolvido, bastante simétrico e con tetos de boa implantación. Ten capa castaña, moito máis escura no terzo anterior.
É unha das razas morfoloxicamente máis semellantes ao extinto uro e forma parte do proxecto TaurOs que pretende recrear ao devanceiro das razas domésticas actuais. +MachosFemiasAltura á cruz (cm)143137Peso adulto (kg)925490Peso aos 12 meses (kg)295-385205-270Peso ao nacemento (kg)31-3930-37Peso aos 6 meses (kg)185-215125-230Peso á puberdade (kg)305-380Precodidade sexual (meses)10-22
Os xatos aliméntanse con leite materno ata os tres meses e a partir desa idade supleméntanse con racións de concentrados, de forma que aos seis meses poden alcanzar pesos medios de 125-230 kg as femias e 185-215 kg os machos.
En comparación con outras vacas autóctonas da súa zona de orixe, a Limiá presenta certa precocidade sexual (10-22 meses) e moi bo desenvolvemento, expresado polo seu alto peso á puberdade (305-380 kg).
As súas canais son as de maior peso e índice de compacidade dentro das Morenas Galegas. Os rendementos cárnicos obtidos no despece son elevados, de arredor dun 70%, alcanzando os de cuarto traseiro niveis superiores ao 62%.
A carne de Limiá é magra, cun perfil lipídico adecuado e cardiosaudable, próximo ao 1,5%, e cunha adecuada infiltración da graxa, o que lle porporciona unha calidade zumarenta e unha palatibilidade excepcional. A súa carne destaca tamén por ser moi luminosa e vermella. Subministrándolle unha adecuada maduración resulta ser das carnes máis tenras e xugosas.
Usos e sistemas de explotación Aínda que no pasado a raza explotouse pola súa tripla aptitude, na actualidade mantense como animal de dobre aptitude carne-traballo, con case total abandono desta última, polo que a tendencia é a que se explote só pola súa produción cárnica.
A raza utilízase en sistema mixto de estabulación e pastoreo, dentro de estruturas reducidas de tipo familar e carácter artesanal. A explotación do gando compatibilízase cunha agricultura minifundista, da que se obtén a súa base nutritiva, ben procedente dos prados artificiais ou de cultivos específicos.
Evolución da poboación No 2002 a poboación era de 136 exemplares, datos baseados nun estudo de alta fiabilidade. O número de machos reprodutores era de 59, e o de femias de 66. A porcentaxe de femias de raza pura (emparelladas cun macho da súa raza) era do 100%.http://xinzoinformacion.e.telefonica.net/raza_%20limia.htm . No 2007 había 460 animais, e no 2011, 861. A tendencia da raza é de crecemento rápido.
AnoFemiasMachosTotalGanderías20095661266924120106661598254420117111508614420127221708924520136531528054520146991538524220158531731 0264020168812041 0853620179362051 1413920189622401 2023820191 0032311 2343820201 1382701 4083720211 2392821 5213920221 3232541 577492023141028816985320241575356193150
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha da raza limiá en PDF (Consellería de Medio Rural)
Categoría:Razas de vacas Categoría:Razas autóctonas de Galicia