Nugallás é un lugar da parroquia de Arcos no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado, o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 4 habitantes. Sitúase a carón do lugar de Nugallás (San Fiz de Amarante).

Toponimia O topónimo Nugallás é un fitónimo derivado de , facendo referencia á abundancia de nogueiras.

Xeografía

O Instituto Xeográfico Nacional de España sitúa neste lugar o Centro xeográfico de Galicia. A Deputación de Lugo comezou en xuño de 2020 a realizar xestións cos propietarios dos predios de Nugallás coa idea de poñer en valor a nivel turístico un feito tan obxectivo como simbólico: que Antas de Ulla se sinta orgullosa de ser o "centro de Galicia". A este efecto, o presidente da Deputación José Tomé Roca, e a responsábel de Turismo, Pilar García Porto (que ademais é concelleira de Antas), asinaron ante notario o 18 de xuño deste ano a escritura de compra da carballeira na que se encontra o centro xeográfico de Galicia. O presidente da Deputación afirmou que quere seguir comprando máis terreos lindeiros para crear «o antes posíbel e neste mandato» un grande espazo público de lecer e natureza, unha área recreativa que dignifique o punto central da comunidade, e que incluso se levantará un monólito que fará referencia ao centro xeográfico de Galicia, que estará rodeado dun parque público para o lecer dos veciños de Antas e de todos os visitantes, mentres que a deputada de Turismo mantén conversas cos propietarios dos terreos aínda por comprar, expoñendo o proxecto ao alcalde Antas e informándoo do compromiso do organismo provincial para desenvolver esta área recreativa.

Lugares e parroquias Lugares de Arcos

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Lugares de Antas de Ulla Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias Categoría:Despoboados da provincia de Lugo