miniatura|Ferrocarril na Arxentina.

O ferrocarril, camiño de ferro ou ferrovía é o modo de transporte baseado na condución de vehículos por unha vía formada por dous carrís metálicos que se manteñen paralelos grazas a unha estrutura de travesas de madeira ou formigón que os fixan á plataforma pola que discorren. Orixinariamente os carrís foron de ferro, aínda que hai antecedentes de madeira, de aí o nome de ferrocarril, que atoparemos como ferro-carril nas antigas publicacións. A partir de 1870 os carrís foron construídos de aceiro. O termo inclúe tamén os trens e as instalacións anexas. A eficacia do ferrocarril como modo de transporte está sometido ó compromiso de equilibrar o suposto ideal en canto a seguridade e mínimo consumo enerxético –a vía perfectamente recta cun desnivel 0–, pero máximo custo de construción, e a capacidade de adaptar o trazado ás características orográficas e o relevo do terreo polo que tal vía discorre ó mínimo custo económico e ambiental posible.

No universo do ferrocarril hai que distinguir: a infraestrutura, a obra civil e o material rodante. A infraestrutura agrupa tódolos elementos de enxeñería precisos para o desenvolvemento do transporte: plataforma, vías, pontes, viadutos, túneles, tendido eléctrico ou catenaria, sistema de sinalización, sistemas de seguridade etcétera. A obra civil inclúe as construcións necesarias para relacionar o ferrocarril cos seus usuarios: estacións, almacéns, plataformas... Para rematar, o material rodante é o conxunto de elementos móbiles que permiten a existencia do transporte ferroviario e que especialmente coñecemos polo nome de tren. Clasifícase, en primeira instancia, en: material motor, que agrupa os elementos de tracción (locomotoras e tractores de manobras), e material remolcado que está formado polos vehículos adicados ó transporte de mercadorías, vagóns de pasaxeiros ou coches e doutros servizos como os postais que son denominados furgóns. Hai unha terceira categoría, dentro desta clasificación, que é a formada polo material autopropulsado: son unidades nas que a motorización e a tracción está instalada ó longo da composición, como acontece nos automotores e nas unidades eléctricas chamadas tranvías, ou ten cabezas motrices en ámbolos dous extremos da composición formando unha unidade indivisible, como sucede nas modernas unidades eléctricas e algúns trens de alta velocidade.

Historia miniatura|Locomotora Mikado no Museo do Ferrocarril de Delicias en Madrid.

O primeiro transporte de viaxeiros sobre "carrís de ferro" realizouse en 1801, con vagóns puxados por cabalos, entre as localidades inglesas de Wandsworth e Croydon. En 1803 Richard Trevithick construíu a primeira locomotora de vapor que se movía sobre carrís.

George Stephenson (Wylam, 1781 - Tapton House, Chesterfield, 1848) é considerado o pai do camiño de ferro moderno polas súas pescudas e resultados xunto ao seu irmán Robert. Creou a primeira liña pública do mundo en 1825 entre Stockton e Darlinton, e posteriormente en 1830, entre Liverpool e Manchester, a primeira liña que tamén transportaba pasaxeiros.

As primeiras locomotoras foron:

En 1828: Locomotora "Lancashire Witch" (12 km/h), deseñada para o transporte de carbón. En 1829: Locomotora "Rocket" (47 km/h), a primeira que remolcou vagóns con pasaxeiros.

España miniatura|esquerda|Locomotora Rocket.|200x200px

A primeira liña ferroviaria de España foi inaugurada no ano 1837, pero non na metrópole, senón nunha das colonias: o ferrocarril entre A Habana e Güines, na illa de Cuba. Once anos máis tarde, en 1848, inaugurouse o primeiro ferrocarril na península cunha liña, de 28 km de lonxitude entre as cidades de Barcelona e Mataró. Pouco antes, en 1844, os enxeñeiros Juan e José Subercase e Calixto Santa Cruz, ditaminaron nun informe, as características que tiña que cumprir o ferrocarril en España, entre outras, o ancho de vía, que sería de seis pés casteláns, 1674 milímetros, fronte os 4 pés e 8,5 polgadas do ancho da meirande parte dos ferrocarrís construídos até ese momento. En 1851 inaugurouse o tramo de Madrid a Aranjuez, que formou parte do ferrocarril de Madrid a Alacant.

Galicia

miniatura|Estatutos y contrato para la construcción y esplotación del camino de hierro de Santiago al Puerto del Carril, 1863.

O 15 de setembro de 1873 inaugurouse a primeira liña de ferrocarril de Galicia, entre Carril (Vilagarcía) e Cornes (Santiago). Nese momento, España tiña xa uns 6.000 km de vías, distribuídas por tódalas comunidades excepto en Galicia e as illas."El tren del futuro arrolla al del ayer", en La Voz de Galicia, 14.09.2008.

Elementos da infraestrutura miniatura|Vía de tren.

Aparatos de vía Balastro Catenaria Circuítos de vía e bloqueo Estación Raís Suxeición de vía Sinalización Travesas Vía férrea

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Shinkansen TGV AVE InterCityExpress Talgo Metro Tranvía Euskotren

Ligazóns externas Alta Velocidad. Trenes alrededor del mundo .

Categoría:Ferrocarril