Acontecementos miniatura|Episodio da expedición a México en 1838, o príncipe de Joinville no castelo de proa da corveta La Créole escoita o informe do tenente de navío Penaud e asiste á explosión da torre do forte de San Juan de Ulloa, o 27 de novembro de 1838.
Arte e cultura Estrénase en París Ruy Blas, obra teatral escrita por Victor Hugo.
Ciencia
Richard Laming fai a hipótese dunha partícula subatómica cargada electricamente.
Nacementos 18 de febreiro - Ernst Mach, físico austríaco (m. 1916). 8 de abril - Ferdinand von Zeppelin, inventor alemán (m. 1917). 10 de abril - Nicolás Salmerón, político español, presidente da Primeira República Española (m. 1908). 28 de abril - Tobias Michael Carel Asser, avogado holandés, Premio Nobel da Paz (m. 1913). 10 de maio - John Wilkes Booth, actor estadounidense, asasino do presidente Abraham Lincoln (m. 1865). 11 de xuño - Marià Fortuny, pintor catalán (m. 1874). 24 de setembro - Salvador Parga Torreiro, xurista e político galego (m. 1901). 29 de setembro - Indalecio Armesto, escritor, xornalista, filósofo e político galego (m. 1890). 25 de outubro - Georges Bizet, compositor francés (m. 1875). 31 de outubro - Lois I, rei de Portugal (m. 1889). 29 de novembro - Giovanni Losi, relixioso comboniano italiano (m. 1882). 30 de decembro - Émile Loubet, presidente de Francia (m. 1929).
Mortes 5 de xullo - Jean Itard, médico e pedagogo francés. 21 de agosto - Adelbert von Chamisso, escritor alemán.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1838