Pablo Coira Lojo, nado o 18 de outubro de 1979 en Vilagarcía de Arousa, é un futbolísta galego que xoga na demarcación de lateral dereito. Dende 2020 milita no Al Fursan FC dos Emiratos Árabes Unidos.
Traxectoria Comezou a xogar profesionalmente na SD Compostela na Segunda División no ano 1998, un ano despois ficha polo Celta de Vigo para suplir a venda de Michel Salgado, onde militará catro anos cun papel como suplente a causa do gran papel de Juan Velasco na súa mesma posición.
Sendo aínda xogador do SD Compostela formou parte da Selección de fútbol de España Sub-20 que gañou o Campionato do Mundo no ano 1999, compartindo equipo cos tamén galegos Álex Lombardero e o céltico Pablo Couñago, que foi o máximo goleador do torneo.
Ante a falta de oportunidades en Vigo no ano 2003 ficha polo Deportivo Alavés, de onde tras unha cesión ao Recreativo de Huelva marcharía ao Aris de Tesalónica no ano 2006. Un ano despois volvería á península ao UE Figueres en Terceira División
Na tempada 2008-2009 milita no segundo equipo do RCD Espanyol.
O ano seguinte volve emigrar, esta vez a Hungría, ao Budapest Honvéd FC, onde xogou dúas tempadas, principalmente como centrocampista ata a súa retirada.
Tras deixar a práctica do fútbol marchou a Dubai para traballar como adestrador de novos talentos na Spanish Soccer School de Míchel Salgado. En decembro de 2020, ademais de continuar adestrando os equipos sub-14 e sub-18 do club, volveu aos terreos de xogo para disputar co primeiro equipo, o Al Fursan FC, a Segunda División dos Emiratos Árabes Unidos (terceira categoría do fútbol dese país).
Clubs
ClubPaísAnoPartidosGolesCategorías Inf. Arosa S.C.España1985-1998??S.D. CompostelaEspaña1998-1999312Real Club Celta de VigoEspaña1999-2003672Deportivo AlavésEspaña2003-2004280Recreativo de HuelvaEspaña2004-200540Deportivo AlavésEspaña2005-200600FigueresEspaña2006-2007 60Aris SalónicaGrecia2006-2007 100UE CastelldefelsEspaña2007-2008??RCD Espanyol BEspaña2008-2009310Budapest Honvéd FCHungría2009-2011394Al Fursan FCEmiratos Árabes Unidos2020-act Ficha Pablo Coira http://www.bdfutbol.com/es/j/j2154.html
Palmarés
Celta de Vigo
Copa Intertoto (1): 2000.
Selección nacional
Copa do Mundo sub-20 (1): 1999.
Palmarés Subcampión da Copa do Rei en 2001 co Celta de Vigo
Notas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Futbolistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Aris Salónica FC Categoría:Xogadores da UE Figueres Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Budapest Honvéd FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes