María Luz Méndez FernándezDocumento de composición dun tribunal da CRTVG, p. 2., nada en Ventosa (Agolada) en 1965, é asesora lingüística na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e académica correspondente da Real Academia Galega.

Traxectoria Na TVG, ademais do seu traballo de asesoramento lingüístico, dirixiu o programa divulgativo sobre a lingua galega Cazador de palabras. Especializouse en onomástica, sobre a cal publicou diversos artigos en revistas de ámbito nacional e internacional e máis os seus libros ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar e Toponimia de Agolada. Tamén forma parte do International Council of Onomastics Sciences e é membro fundador da Asociación Galega de Onomástica.

Foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega no plenario reunido na sesión ordinaria do 22 de xuño de 2012.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Xerais

Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Televisión de Galicia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega