é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 15 de abril do 1995.

En galego, saíu á venda en DVD o 10 de outubro do 2007, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse Grandes aventuras heroicas desenvólvense no pasado, no presente e no futuro. A familia Nohara viaxa no tempo para facer fronte ao temible Kakafede e as súas intencións de mudar o curso dos acontecementos. Unha axente especial da patrulla temporal do século XXX ten unha importante misión: contactar coa familia Nohara. Para iso non se lle ocorre outra cousa que se introducir no corpo de Nevado e falar con eles polos beizos do can de Shin Chan. Necesita que os Nohara o acompañen á época das guerras civís no Xapón, ao ano 1570.

Un ser descoñecido quere distorsionar o rumbo da historia: o mundo enteiro e o presente tal e como os coñecemos corren perigo. Shin Chan e maila súa familia son a nosa grande esperanza. Pero a viaxe non está exenta de perigos: se non acadan o seu obxectivo quedarán no pasado para sempre.

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2007. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya Nevado Montse Davila Mari Mashiba Fuyukimaru Chelo Díaz Megumi Urawa Señor Kakafede César Cambeiro Seizo Kato Yukino Kasuga Nora Abad Yuko Mizutani Nekonoshin Matatabi Óscar Fernández Kouji Totani Rin Tormenta de Neve Montse Davila Rei Sakuma

Voces adicionais: ▪ Alfonso Valiño. ▪ Andrés Bellas. ▪ Isabel Vallejo. ▪ Lucía Cid.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é たすけてケスタ (Axuda, que isto custa) interpretada por Yuzo Hayashi.

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Mitsuru Hongo Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego