Carrie é un filme de terror estadounidense dirixido por Brian De Palma que se estreou en 1976. Baséase na novela homónima de Stephen King.

Sinopse Carrie White, unha tímida adolescente que vive coa súa nai, unha fanática relixiosa, é obxecto das burlas constantes dos seus compañeiros de instituto. Cando a rapaza sofre un ataque de histeria ó ter a súa primeira menstruación nas duchas do ximnasio, a unha das súas compañeiras ocórreselle gastar unha broma macabra durante a festa de graduación. O que todos ignoran é que Carrie posúe poderes telecinéticos.

Personaxes Sissy Spacek como Carrie White Piper Laurie como Margaret White Amy Irving como Sue Snell William Katt como Tommy Ross John Travolta como Billy Nolan Nancy Allen como Chris Hargensen Betty Buckley como Rita Desjardin P. J. Soles como Norma Watson Priscilla Pointer como Mrs. Snell Sydney Lassick como Mr. Fromm Stefan Gierasch como Mr. Morton Michael Talbott como Freddy Rory Stevens como Kenny Garson Doug Cox como O Pico Harry Gold como George Dawson Edie McClurg como Helen Shyres

Galardóns e nomeamentos 1976: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actriz (Sissy Spacek), actriz secundaria (Piper Laurie). 1977: Nomeada Saturn Award (Mellor filme de xénero terror) 1977: Festival de cine fantástico de Avoriaz: Mellor filme e mellor actriz, Sissy Spacek.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Brian De Palma Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes ambientados en 1976 Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes de terror relixioso Categoría:Filmes sobre asasinatos en masa Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King