As gammaproteobacterias ou Gammaproteobacteria (ás veces escrito gamma-proteobacterias ou proteobacterias gamma) son un grupo de bacterias gramnegativas considerado unha clase dentro do filo Proteobacteria. Comprende bacterias importantes desde o punto de vista médico, ecolóxico e científico, como as Enterobacteriaceae (Escherichia coli), Vibrionaceae e Pseudomonadaceae. Un gran número de patóxenos importantes pertencen a esta clase, como por exemplo, Salmonella (enterites e febres tifoides), Yersinia (peste bubónica), Vibrio (cólera), Pseudomonas aeruginosa (infeccións pulmonares hospitalarias ou que afectan a pacientes de fibrose quística), e Klebsiella pneumoniae responsable de causar pneumonías. Tamén comprende un xénero que leva o nome de Galicia, Gallaecimonas.
Membros do xénero Chromatium son fotosintéticos e utilizan o sulfuro de hidróxeno en troques da auga na súa fotosíntese, expulsando xofre. Algunhas Gammaproteobacteria oxidan metano, e moitas delas viven en simbiose con animais que habitan chemineas oceánicas xeotérmicas.
Filoxenia
As gammaproteobacterias son parafiléticas das betaproteobacterias por culpa de que inclúen o xénero Acidithiobacillus (ver Proteobacteria).
Móstrase a filoxenia das Gammaproteobacteria segundo a Filoxenia de gammaproteobacterias de K.P. Williams et al.Williams KP, Gillespie JJ, Sobral BW, Nordberg EK, Snyder EE, Shallom JM, Dickerman AW. Phylogeny of gammaproteobacteria. J Bacteriol. 2010 May;192(9):2305-14. Epub 2010 Mar 5. PMID 20207755 Non todas as ordes son monofiléticas (as ordes terminan en -ales). Para as Pseudomonadales, Oceanospirillales e Alteromonadales móstranse as familias (terminación -aceae) e xéneros. Noutras ordes só se indica un xénero.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Proteobacteria Alphaproteobacteria Betaproteobacteria Deltaproteobacteria Epsilonproteobacteria Zetaproteobacteria Gallaecimonas, a bacteria "galega" Thiomargarita namibiensis, a bacteria xigante
Ligazóns externas MeshName - Gammaproteobacteria
'The All-Species Living Tree' Project.
Categoría:Proteobacterias