Espejo público é un programa de televisión emitido pola cadea española Antena 3. Foi estreado o 17 de outubro de 1996, inicialmente como programa semanal de reportaxes de actualidade. Desde o 11 de decembro de 2006 vén emitindo diariamente como un magazine matinal, presentado por Susanna Griso.
Historia Primeira etapa Espejo público estreouse o 17 de outubro de 1996, inicialmente como un programa de reportaxes, que se emitía semanalmente, os domingos, dirixido e presentado por Pedro Piqueras. En outubro de 1998 este foi relevado por Roberto Arce, ata agosto de 2002. En setembro dese ano a xornalista Sonsoles Suárez converteuse na presentadora, mentres que Julián Nieto fíxose cargo da dirección en novembro de 2003. En ocasións puntuais, outras xornalistas como Lourdes Maldonado, Lydia Balenciaga e Soledad Arroyo conduciron tamén o espazo.
O 28 de outubro de 2006 emitiuse por última vez neste formato, tras anunciarse que o programa sería reconvertido nun magacín matinal en substitución de Ruedo ibérico. Inicialmente, estaba previsto que o mesmo equipo e a presentadora, Sonsoles Suárez, continuasen á fronte do espazo, aínda que finalmente esta sería substituída por Susanna Griso.
Durante esta primeira década en antena, o programa mantivo unha de cota de pantalla media do 21% cultivando, así mesmo, varios recoñecementos como tres premios Antena de Ouro e dous TP de Ouro.
Segunda etapa Espejo público regresou á televisión o 11 de decembro de 2006, cun cambio absoluto de formato. Pasou a ser un programa de información xeral, en formato de magacín colector, conservando do programa orixinal tan só o nome. Baséase na actualidade, combinando prensa rosa cun xornalismo serio.
Emítese na actualidade polas mañás de luns a venres e está presentado por Susanna Griso coa colaboración de Albert Castillón, Alfonso Egea e Roberto Leal.
O 16 de xuño de 2011 Espejo público alcanzou a cifra de 1.000 programas en antena.
Durante os veráns de 2012 e 2013 o programa é conducido por Sandra Daviú e Roberto Leal.
Colaboradores Ramón Arangüena (2006-2011) Ignacio Camacho. Pilar Cernuda. José Oneto. Antonio Casado. Alfonso Egea. Albert Castillón. Romina Belluscio Miguel Temprano Carmen Ro. Bárbara Rey (2010- 2011) Erika Alonso (2008) Gema López. Ángela Portero. Rosa Villacastín. Massiel. Antonio Rossi. Jesús Mariñas. Ángel Antonio Herrera. Isabel Sartorius (2010-2011)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Programas de Antena 3 Categoría:Programas informativos de televisión de España Categoría:Programas de televisión de variedades de España