As Firmicutes (do latín: firmus cutis, "pel forte", referido aquí a "parede celular forte") son un filo de bacterias, a maioría das cales teñen unha estrutura da parede celular grampositiva. Porén, unhas poucas, como Megasphaera, Pectinatus, Selenomonas e Zymophilus, teñen unha pseudomembrana externa porosa que fai que presenten unha tinguidura gramnegativa.
En anteriores clasificacións recibiron o nome de Firmacutes, que despois se cambiou a Firmicutes cunha diminución na súa composición. Os científicos antes clasificaban en Firmicutes todas as bacterias grampositivas, pero recentemente defínenas como o grupo central de formas relacionadas chamado o grupo de baixo contido G+C, en contraste coas Actinobacteria. Pódense incluír aquí as Molicutes (micoplasmas, sen parede), que noutras clasificacións se clasifican como Tenericutes. Considérase sinónimo de Firmicutes a denominación Bacillota Gibbons et Murray 2021, que foi proposta como nome oficial en 2021, aínda que isto causou controversia, xa que diversos autores prefiren seguir usando o nome Firmicutes pola súa tradición na literatura.
As Firmicutes teñen células arredondadas (chamadas cocos) ou bacilares. Moitas Firmicutes producen endósporas, que son resistentes ao desecamento e poden sobrevivir en condicións estremas. Atópanse en diversos ambientes, e o grupo inclúe algúns notables patóxenos. As da familia das heliobacterias, producen enerxía por medio da fotosíntese. Firmicutes son uns dos microorganismos importantes que fan que se pique o viño, a cervexa ou a sidra.
Clases O grupo divídese tipicamente en Clostridia, que son organismos anaeróbicos, Bacilli, que son aerobios obrigados ou facultativos, e os Mollicutes (micoplasmas, que agora nalgunhas clasificacións se consideran Tenericutes).
Nas árbores filoxenéticas os dous primeiros grupos son parafiléticos ou polifiléticos, como o son os seus principais xéneros, Clostridium e Bacillus.
Filoxenia
No cladograma móstrase a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) e o NCBI (National Center for Biotechnology Information) e a filoxenia está baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.All-Species Living Tree Project.
Notas: ♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN.
Xéneros principais Actualmente hai máis de 274 xéneros asignados ao filo Firmicutes. Os xéneros máis importantes son os seguintes:
Bacilli, orde Bacillales Bacillus Listeria Staphylococcus Bacilli, orde Lactobacillales Enterococcus Lactobacillus Lactococcus Leuconostoc Pediococcus Streptococcus Clostridia Acetobacterium Clostridium Eubacterium Heliobacterium Heliospirillum Megasphaera Pectinatus Selenomonas Zymophilus Sporohalobacter Sporomusa' Erysipelotrichi Erysipelothrix''
Saúde Son Firmicutes a maior parte das especies da flora bacteriana intestinal humana e do rato.Ley RE, Peterson, DA, Gordon JI. Ecological and Evolutionary Forces Shaping Microbial Diversity in the Human Intestine. Cell. 2006 Feb 24; 124:837-848. Os Firmicutes da flora intestinal foron implicados na absorción de enerxía e obesidade.Ley RE, Turnbaugh PJ, Klein S, Gordon JI. Microbial ecology: human gut microbes associated with obesity. Nature. 2006 Dec 21;444(7122):1022-3. PMID 17183309
Detección no laboratorio Ata agora non hai unha forma simple de definir categoricamente unha bacteria dada como pertencente a Firmicutes, xa que o filo é enormemente diverso en características fenotípicas debido a que ao intenso intercambio de plásmidos entre as súas especies e xéneros, pero a presenza de Firmicutes pode agora detectarse por PCR en tempo real utilizando metodoloxías recentemente descritas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Epulopiscium fishelsoni, unha bacteria xigante
Ligazóns externas Phylum "Firmicutes" - J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature
Categoría:Firmicutes