Acontecementos Remate da Torre do Reloxo, na catedral de Santiago de Compostela, trazada por Domingo de Andrade. Lois XIV declara a guerra a Holanda. Paso do cometa de Kirch ou cometa de Newton, o primeiro cometa descuberto con telescopio.
Nacementos Edward Teach 'Barbanegra', pirata inglés (m. 1718). Manuel da Maía, xeneral, arquitecto e enxeñeiro portugués (m. 1768).
Mortes
17 de febreiro - Jan Swammerdam, científico holandés (n. 1637). 17 de abril - Kateri Tekakwitha, santa católica iroquesa (n. 1656). 31 de maio - Joachim Neander, poeta e músico alemán (n. c. 1650). 28 de novembro - Gian Lorenzo Bernini, escultor e arquitecto italiano (n. 1598). 4 de decembro - Thomas Bartholin, médico, matemático e teólogo dinamarqués (n. 1616).
Juan de Alfaro, pintor andaluz (n. 1643). Joan Cererols, monxe e compositor catalán (n. 1618). Athanasius Kircher, matemático, físico, alquimista e inventor alemán (n. 1602). Peter Lely - Pintor inglés de orixe neerlandesa. Li Liweng, escritor chinés (n. 1611). Francisco de Trillo y Figueroa, poeta e historiador galego (n. 1618).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1680