Kristopher Carlos Joseph, nado o 17 de decembro de 1988 en Montreal, Quebec, é un xogador canadense de baloncesto profesional. Actualmente non ten equipo.

Traxectoria Instituto Joseph tivo problemas ó comezar a competir, xa que o botaron do seu equipo cando tiña 14 anos. Traballou o seu xogo, medrou, e converteuse nunha estrela no Sun Youth, un equipo da Liga de Baloncesto de Montreal. En recomendación do adestrador Henry Wong, a nai de Joseph aceptou que o seu fillo deixara Montreal en 2006, para completar os dous anos que lle quedaban no Archbishop Carroll, en Washington, D.C..http://blog.syracuse.com/orangebasketball/2012/03/kris_joseph_road_winds_from_mo.html

Coma sénior, Joseph liderou ó Archbishop Carroll a unha marca de 26-11. Esa tempada, Joseph conseguiu entrar no segundo equipo de 2008, elixido polo The Washington Post.

Universidade Joseph comezou a ter minutos xa moi cedo, e xogou o seu primeiro partido de titular o 2 de xaneiro de 2009 contra Florida do Sur, anotando sete puntos e capturando tres rebotes.http://www.syracuse.com/axeman/index.ssf/2009/01/susouth_florida_recap_1.html Na súa segunda tempada, converteuse nun importante reserva para Syracuse, rematou a tempada con 11.0 puntos e 5.4 rebotes por partido, e foi nomeado Sexto Home do Ano da Big East Conference.

No seu ano coma júnior, mellorou de novo os seus rexistros, e liderou a Syracuse en anotación con 14.3 puntos por partido, sendo ademais o segundo máximo reboteador do equipo, con 5.2 rebotes por encontro; números que melloraría tamén no seu derradeiro ano universitario.

Profesional O 28 de xuño de 2012, Joseph foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo de 2012, Joseph asinou un contrato cos Celtics. Durante a súa estancia nos Celtics, foi asignado varias veces ó seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws. O 6 de xaneiro de 2013, Joseph foi cortado polos Celtics.Celtics Waive Joseph and Varnado

O 6 de febreiro de 2013, Joseph fichou polos Maine Red Claws.Maine Red Claws sign Kris Joseph to D-League deal Cinco días máis tarde, o 11 de febreiro, foi traspasado ós Springfield Armor a cambio de James Mays. O 2 de abril de 2013, asinou un contrato de 10 días cos Brooklyn Nets. O 12 de abril de 2013, asinou para o resto da tempada.

Joseph foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013, nun gran traspaso que mandou ás estrelas dos Celtics Kevin Garnett e Paul Pierce ós Nets. O 15 de xullo de 2013, foi cortado polos Celtics.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Montreal Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do Élan Chalon Categoría:Xogadores do JDA Dijon Categoría:Xogadores do Orléans Loiret Basket Categoría:Xogadores do New Basket Brindisi Categoría:Xogadores do SL Benfica (baloncesto) Categoría:Xogadores do Paris Basketball Categoría:Xogadores do ADA Blois Basket Categoría:Xogadores do CB Tizona