Loita foi un periódico quincenal editado en Sarria entre 1933 e 1934. Historia e características Subtitulado Órgano del Cento Republicano de Sarria, apareceu o 6 de febreiro de 1933. Publicábase os días 6 e 20 de cada mes (coincidindo cos días de feira en Sarria). Fundado por Vicente Páramo, José Sánchez Arias e Antonio Páramo Sánchez, estaba dirixido por Antonio Páramo Sánchez. Entre os seus colaboradores figuraron Eladio López Muñiz, Felipe Pedreira, Manuel Durán, Vicente Páramo e Pedro Guitián. No seu primeiro número expresaba:
E engadía:
A maior parte das súas novas referíanse a Sarria e a súa comarca, fundamentalmente de carácter político. Dedicaba especial atención aos labregos e seguiu unha estrita neutralidade en materia relixiosa.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Sarria
Categoría:1933 en Galicia