é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 2003.

En galego, saíu á venda en DVD o 23 de abril do 2008, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse A familia Nohara prepara unha cea exquisita, xa que mercaron costeladas de primeira calidade. Pero a felicidade dúralles ben pouco porque a aparición dun ser estraño na súa casa antes do banquete ha ser o detonante para o seu peor pesadelo. Os Nohara son uns criminais! É a nova que fixo correr unha organización secreta chamada "A voz de Ouro". Os Nohara son acusados pola rúa, os seus amigos delátanos... E deciden fuxir para dar coa clave do misterio.

A Organización secreta posúe un amplo arsenal de unidades especiais, que perseguen aos Nohara por terra, aire e mar ata que a súa fuxida os conduce a unhas termas romanas na cidade de Atami, logo de persecucións frenéticas, humor descarado e as tolas ideas de Shin Chan!

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2008. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Himawari Nohara Helena Amoedo Satomi Koorogi Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa Señorita Ageo Alicia Taboada Kotono Mitsuishi Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya Nevado Montse Davila Mari Mashiba Michi Isabel Vallejo Fumie Kusachi Yoshirin Andrés Bellas Daisuke Sakaguchi Nanako Chelo Díaz Sayuri Ultraheroe Óscar Fernández Tesho Genda Mimiko Teresa Santamaría Etsuko Kozakura Veciña Kitamoto Lucía Cid Reiko Suzuki Profesor Xoán Carballido Hisao Egawa Coronel Togashima Xavier Perdiz Natsuo Tokuhiro Amagi Chelo Díaz Junko Minagawa Shitada César Cambeiro Masashi Ebara Xefe de "A voz de Ouro" Xosé Manuel Rodríguez Unsho Ishizuka

Voces adicionais: ▪ Andrés Bellas. ▪ Manolo Pombal. ▪ Monti Castiñeiras. ▪ Paco Barreiro. ▪ Óscar Fernández.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é こんな時こそ焼肉がある (Só se temos unha churrascada así) interpretada polos actores de dobraxe xaponeses da familia Nohara: Akiko Yajima (Shin Chan), Miki Narahashi (Misae) e Keiji Fujiwara (Hiroshi).

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Tsutomu Mizushima Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego