Antz é un filme estadounidense de animación por ordenador producido por DreamWorks Animation. Dirixido por Eric Darnell e Tim Johnson, foi estreado en 1998.

Sinopse Z-4196 é tan só unha neurótica formiga obreira macho, unha máis entre as súas millóns de irmás. Despois de bailar coa princesa Bala, namórase dela, pero trátase dun amor imposible. Porén, convence a un amigo para que lle ceda o seu posto nun desfile militar para poder estar preto da princesa. A escavación dun novo túnel é supervisada polo xeneral Mandible, unha formiga ambiciosa que convence á raíña da necesidade de enviar ó batallón do formigueiro á guerra contra os térmites. Nese batallón atópase o asustadizo e covarde Z.

Personaxes Woody Allen como Z-4195 "Z" Sharon Stone como Princesa Bala Gene Hackman como Xeneral Mandible Sylvester Stallone como Weaver Jennifer Lopez como Azteca Christopher Walken como Coronel Cutter Anne Bancroft como Raíña formiga Dan Aykroyd como Chip a avéspora Grant Shaud como O capataz Danny Glover como Barbatus

Galardóns e nomeamentos 1998: Nomeado ós Premios BAFTA: Mellores efectos especiais visuais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tim Johnson Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre insectos